mércores, 17 de outubro de 2012

OBRADOIRO CIENCIAS: ELABORACIÓN CREMA DENTÍFRICA

Traballamos o léxico bucal, as distintas partes do aparello. Tamén frases feitas, refráns, cantigas nas que aparece este léxico. Elaborarán pasta dentífrica, achegaranse á súa historia e levarán para casa o que fagan.

Duración:
1 hora
Dirixido a: 
alumnado de 1.º e 2.º de primaria

Lugar de realización da actividade:  no propio centro de ensino

Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 26 de outubro.
As solicitudes atenderanse por estrita orde de chegada o día 26 de outubro a partir das 9:00 h (a.m.) e até as 14:00 h
Importante: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o pasado curso escolar.

Solicitude de participación na actividade:
Elaboración crema dentífrica
para 1.º e 2.º de primaria
Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade.
Débese remitir a solicitude ao fax 986 22 06 78 o día 26 de outubro a partir das 9:00
h (a.m.) e até as 14:00 h
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro: _________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
Teléfono: ____________________________ Fax: ______________________________
Número máximo de participantes nun grupo: 30
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 6) para a participación na actividade:
______ 5 novembro (luns), ás 9:30 h
______ 5 novembro (luns), ás 12:00 h
______ 6 novembro (martes), ás 9:30 h
______ 6 novembro (martes), ás 12:00 h
______ 7 novembro (mércores), ás 9:30 h
______ 7 novembro (mércores), ás 12:00 h
Importante: a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por fax- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
Nome e apelidos da persoa que envía o fax: ___________________________________

Ningún comentario:

Publicar un comentario