A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Obradoiro ciencias:
elaboración de xabón
Elaboraremos o noso propio xabón na aula. Para isto, trataremos, devagar, os ingredientes, as súas proporcións, o proceso de elaboración, as herbas aromáticas que, en certa medida, influirán no resultado.
E contextualizaremos o obradoiro cunha breve historia do xabón.
Duración:
Dirixido a:
alumnado de 2.º e 3.º da ESO
Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino
Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que
se achega, o día 31 de outubro.
As solicitudes atenderanse por estrita orde de chegada o día 31 de
outubro a partir das 9:00 h (a.m.) e até as 14:00 h
Importante: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos
centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o pasado
curso escolar.
Solicitude de participación na actividade:
Elaboración de xabón
para 2.º e 3.º da ESO
Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade.
Débese remitir a solicitude ao fax 986 22 06 78 o día 31 de outubro a partir das 9:00 h (a.m.) e até as 14:00 h
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos oS campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro: _________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
Teléfono: ____________________________ Fax: ______________________________
Número máximo de participantes nun grupo: 30
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 6) para a participación na actividade:
______ 12 novembro (luns), ás 9:30 h
______ 12 novembro (luns), ás 12:00 h
______ 13 novembro (martes), ás 9:30 h
______ 13 novembro (martes), ás 12:00 h
______ 14 novembro (mércores), ás 9:30 h
______ 14 novembro (mércores), ás 12:00 h
Importante: a Concellería de Normalización Lingüística confirmará
-por fax- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con
indicación do día e a hora adxudicado/s.
Nome e apelidos da persoa que envía o fax: ___________________________________
Ningún comentario:
Publicar un comentario