A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Ludoteca lingüística
A Ludoteca Lingüística é un proxecto de dinamización lingüística que consiste na recuperación de xogos tradicionais, a disposición de xogos novos e diferentes, e xogos lingüísticos que procuran fomentar o uso do galego dun xeito eminentemente lúdico e en relación co currículum de Educación Física e Lingua Galega. Con formato de gran feirón, os rapaces/zas terán que ir superando as distintas probas que se lles propoñan de maneira rotatoria e cooperativa ao mesmo tempo.
Achegaremos, xunto coa actividade, "Bota e rebota e cae na túa boca". É un manual dirixido ao profesorado de Educación Física co obxectivo de incorporaren actividades de dinamización lingüística e do fomento do galego nas súas programacións didácticas.
"Bota e rebota..." achega propostas eminentemente prácticas vencelladas cos bloques de contidos das áreas de E.F. e Lingua e Literatura Galegas.
Duración: 1 hora e 30 minutos
Dirixido a: alumnado de 1.º, 2.º e 3.º de primaria
Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino (obrigatoriamente nas
instalacións deportivas do centro) para calquera dúbida sobre este tema poden consultar con Nerea Couselo 649 702 194)
Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 16 de outubro.
As solicitudes atenderanse por estrita orde de chegada o día 16 de outubro a partir das 9:00 h (a.m.)
Importante: non poderán concorrer a esta actividade os centros de ensino que xa participaron nela.
Solicitude de participación na actividade:
Ludoteca lingüística para 1.º, 2.º e 3.º de primaria
Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade.
Débese remitir a solicitude ao fax 986 22 06 78 o día 16 de outubro a partir das 9:00 h (a.m.)
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non estean
correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os
campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro: _________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
Teléfono: ____________________________ Fax: ______________________________
Número máximo de participantes nun grupo: 50
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 22) para a participación na actividade:
______ 22 outubro (luns), ás 10:00 h ______ 30 outubro (martes), ás 10:00 h
______ 22 outubro (luns), ás 12:30 h ______ 30 outubro (martes), ás 12:30 h
______ 23 outubro (martes), ás 10:00 h ______ 31 outubro (mércores), ás 10:00 h
______ 23 outubro (martes), ás 12:30 h ______ 31 outubro (mércores), ás 12:30 h
______ 24 outubro (mércores), ás 10:00 h
______ 24 outubro (mércores), ás 12:30 h DECEMBRO
______ 25 outubro (xoves), ás 10:00 h ______ 3 decembro (luns), ás 10:00 h
______ 25 outubro (xoves), ás 12:30 h ______ 3 decembro (luns), ás 12:30 h
______ 26 outubro (venres), ás 10:00 h ______ 4 decembro (martes), ás 10:00 h
______ 26 outubro (venres), ás 12:30 h ______ 4 decembro (martes), ás 12:30 h
______ 29 outubro (luns), ás 10:00 h ______ 5 decembro (mércores), ás 10:00
______ 29 outubro (luns), ás 12:30 h ______ 5 decembro (mércores), ás 12:30
Importante: a Concellería de Normalización Lingüística confirmará
-por fax- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con
indicación do día e a hora adxudicado/s.
Nome e apelidos da persoa que envía o fax: ___________________________________
Ningún comentario:
Publicar un comentario