A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Obradoiro ciencias:
Obradoiro de plastilina
Con produtos de uso cotián (auga, fariña, aceite, colorantes alimentarios) elaborarán un produto natural, semellante á plastilina, co que moldearán o que desexen, que logo poderán levar para casa.
Trabállase a concentración, a paciencia e a creatividade a través da obra que elaboren.
Desde a perspectiva lingüística os produtos utilizados permitirannos traballar co léxico (froitas, cereais, árbores...)
Duración:
1 hora
Dirixido a:
alumnado de infantil (4 e 5 anos)
Lugar de realización da actividade:
no propio centro de ensino
Para solicitar a actividade é necesario enviar (por fax) cuberta, a solicitude que se achega, o día 19 de novembro.
As solicitudes atenderanse por estrita orde de chegada o día 19 de novembro a partir das 9:00 h (a.m.) e até as 14:00 h
Importante: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o pasado curso escolar.
Solicitude de participación na actividade:
Obradoiro de plastilina
para infantil (4 e 5 anos)
Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade.
Débese remitir a solicitude ao fax 986 22 06 78 o día 19 de novembro a partir das
9:00 h (a.m.) e até as 14:00 h
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non estean
correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os
campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro: _________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
Teléfono: ____________________________ Fax: ______________________________
Número máximo de participantes nun grupo: 30
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 6) para a participación na actividade:
______ 26 novembro (luns), ás 9:30 h
______ 26 novembro (luns), ás 12:00 h
______ 27 novembro (martes), ás 9:30 h
______ 27 novembro (martes), ás 12:00 h
______ 28 novembro (mércores), ás 9:30 h
______ 28 novembro (mércores), ás 12:00 h
Importante: a Concellería de Normalización Lingüística confirmará
-por fax- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con
indicación do día e a hora adxudicado/s.
Nome e apelidos da persoa que envía o fax: ___________________________________
Ningún comentario:
Publicar un comentario