sábado, 10 de novembro de 2012

ELABORACIÓN DE PAPEL RECICLADO

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Obradoiro ciencias:
Elaboración de papel reciclado

A través da reutilización e reciclaxe do papel usado, o alumnado participará na elaboración dun papel diferente e atractivo; asemade, isto nos axudará a reflexionar sobre o abuso das cortas de árbores e a proliferación de monocultivos.
Duración:
1 hora
Dirixido a:
alumnado de infantil (4 e 5 anos)
Lugar de realización da actividade:  no propio centro de ensino
Para solicitar a actividade é necesario enviar -por fax- cuberta, a
solicitude que se achega, o día 21 de novembro.
As solicitudes atenderanse por estrita orde de chegada o día 21 de
novembro a partir das 9:00 h (a.m.) e até as 14:00 h

Solicitude de participación na actividade:
Elaboración de papel reciclado 

para infantil (4 e 5 anos)
Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade.
Débese remitir a solicitude ao fax 986 22 06 78 o día 21 de novembro a partir das
9:00 h (a.m.) e até as 14:00 h
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non estean
correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os
campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro: _________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
Teléfono: ____________________________ Fax: ______________________________
Número máximo de participantes nun grupo: 30
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 6) para a participación na actividade:
______ 29 novembro (xoves), ás 9:30 h
______ 29 novembro (xoves), ás 12:00 h
______ 30 novembro (venres), ás 9:30 h
______30 novembro (venres), ás 12:00 h
______ 3 decembro (luns), ás 9:30 h
______ 3 decembro (luns), ás 12:00 h
Importante: a Concellería de Normalización Lingüística confirmará
-por fax- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con
indicación do día e a hora adxudicado/s.
Nome e apelidos da persoa que envía o fax

Ningún comentario:

Publicar un comentario