luns, 19 de novembro de 2012

OBRADOIRO GRATUITO: COMUNICACIÓN ORAL

Os luns, 26 de novembro e 3 de decembro no seminario 17 do IME (Instituto Municipal de Educación, camiño do Chouzo, núm. 2) de 18:00 h a 20:00 h

Impartido por: Uxía Blanco
Dirixido a persoas adultas que queiran seducir coa voz. Obradoiro no que nos achegaremos a como comunicarnos en público: vencer o medo ao micrófono, como modular a voz, ordenar o discurso... A linguaxe non verbal, a presenza, a brevidade...
Comunicación dende a lingua de noso, lingua que ten un valor engadido xa que nos permite comunicarnos con 240 millóns de persoas pertencentes a lusofonía.
Asemade, vencemos prexuízos como "no hablo en gallego, porque no lo hablo bien" ou "en galego só nos entenden a xente de aquí".

Ningún comentario:

Publicar un comentario