mércores, 7 de novembro de 2012

CONTACONTOS: XAN DAS ONDAS

Xan é un rapaz que lle gusta moito o mar. Unha mañá descobre que o mar non ten ondas e parece que está moi enfermo. Así que Xan emprende unha gran aventura adentrándose no máis profundo dos océanos para descubrir por que o mar non ten ondas. Nesta viaxe Xan fará moitos amigos e coñecerá os habitantes dos mares.
Conseguirá Xan salvar o mar da súa doenza?...

A Concellería de Normalización Lingüística
organiza este contacontos o venres 16 de novembro, ás 18:30 horas
no Centro Comercial Gran Vía (rúa Miradoiro, 2 - 2.a planta)
Para público familiar. Entrada de balde.

Ningún comentario:

Publicar un comentario