Ao cumprirse o centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, dende a CGENDL desexamos renderlle homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo que simbolice toda a forza e enerxía que transmite a súa palabra, símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e lingua de Galicia.
RecitandoCelsoemiliO consiste nun acto colectivo de recitado público do poema Deitado fronte ao mar, de Celso Emilio Ferreiro, e terá lugar o mércores día 12 de decembro de 2012, ás 12.00 horas. A actividade diríxesea todos os centros educativos mais tamén poden sumarse a esta iniciativa asociacións de nais e pais, clubs de lectura, bibliotecas escolares e municipais, asociacións veciñais, etc.
Na páxina do evento (http://coordinadoraendl.org/recitandocelsoemilio) e no proxecto que anexamos , tedes toda a información sobre esta convocatoria. Animámosvos a difundir os vídeos publicitarios que o proxecto AudioVisual As Barxas elaborou para a ocasión, e a facernos chegar as vosas propostas, experiencias, consultas… para entre todos/as enriquecermos a actividade.
Unídevos xa a
RecitandoCelsoemiliO!
COA VOSA AXUDA PODEMOS CELEBRAR UNHA GRAN FESTA COLECTIVA!
Saúdos normalizadores
CGENDL
ANEXOS:
http://dl.dropbox.com/u/22728933/Deitado%20frente%20ao%20mar%20poema%20maquetado.pdf
http://dl.dropbox.com/u/22728933/Proxecto%20Recitando%20Celso%20Emilio.pdf
Ningún comentario:
Publicar un comentario