xoves, 1 de novembro de 2012

TECENDO FUTURO

GALIZA CO GALEGO e a COOPERATIVA DE ENSINO AVOAESCOLA
As comisións de Galiza co Galego e da Cooperativa de Ensino Avoaescola
convidámosvos á presentación do proxecto
Galiza co Galego "Tecendo Futuro",
co que a asociación quere dar a coñecer a creación dunha Rede de Ensino Popular en galego dirixida pola cidadanía; e a posta en funcionamento da Cooperativa de Ensino Avoaescola, que posibilitará o ensino en galego, laico, pluralista, en valores, de calidade, inclusivo e democrático en calquera lugar de Galiza.
Este acto consistirá na proxección dun vídeo de 9 minutos e un debate explicativo conducido polo presidente de Galiza co Galego e da Avoaescola, Francisco López.
Galiza co Galego asinará un convenio de colaboración coa Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), organización con máis de 35 anos de traballo na defensa dos valores pedagóxicos e da educación en galego.
Data: martes 6 de novembro
Hora: 20.00h
Lugar: salón de actos da Asociación Cultural Alexandre Bóveda
Rúa Olmos 16-18, 1º
15003 A Coruña

Ningún comentario:

Publicar un comentario