sábado, 22 de febreiro de 2014
AVOAESCOLA, ENSINO INFANTIL EN GALEGO
Estimada amiga
Estimado amigo
Recibe un cordial saúdo.
C.R. Galiza co Galego /Avoaescola
Mais información en www.galizacogalego.com
www.avoaescola.com
ou no contacto comisiongalizacogalego@gmail.com
--
Comisión Galiza co Galego
http://www.galizacocogalego.com
http://limiargalego.blogspot.com
Venezuela, 33, B, 15404, Ferrol, A Coruña
Estimado amigo
No ano 2009, iniciamos un
proxecto: a creación dunha Rede Popular de Escolas Infantís en Galego que
permitirán a educación dende a etapa infantil, para que as crianzas non perdan
o contacto coa lingua galega, o noso ben prezado.
De 2009 a 2011 conseguimos reunir 3173 apoios –entre os que te encontras– en
favor deste proxecto de futuro para o País.
No ano 2014 demos materializado o proxecto na Escola Infantil Avoaescola de
Ferrolterra durante tres meses, mais por problemas económicos tivemos que
suspender a actividade ata o vindeiro curso 2014-2015. Para superar estas
circunstancias e poder abrir con perspectivas de futuro necesitamos
15.000€.
Sabemos que vivimos nun tempo moi solidario debido precisamente á situación
actual, mais tamén sabemos que entre todas e todos o esforzo é menor e que para
obter os recursos necesarios abondaría con que os APOIOS achegasen tan
só 5€.
A axuda pode facerse efectiva por:
Ingreso na conta de Galiza co Galego Caixa Rural Galega nº
3070-0044-58- 6085308424
No caso de facelo dende o estranxeiro, IBAN: ES57 3070 0044 5860 8530 8424
BIC: BCOEESMM070
Ou tamén, na plataforma Verkami
http://vkm.is/avoaescola
(operativa dende as 20:00h do 13 de febreiro ata as 20:00h do 25 de marzo).
Agradecemos nos envíes, ou indiques o teu correo para poder manterte
informado/a e facerche chegar o noso agradecemento.
Recibe un cordial saúdo.
C.R. Galiza co Galego /Avoaescola
Mais información en www.galizacogalego.com
www.avoaescola.com
ou no contacto comisiongalizacogalego@gmail.com
--
http://www.galizacocogalego.com
http://limiargalego.blogspot.com
Venezuela, 33, B, 15404, Ferrol, A Coruña
A TEA DE ARAÑA
A Concellería de NL, a través do Servizo de
Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade
dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- A tea de
araña
Actividade
baseada no conto de Xoán Babarro A tea de
araña que todo o apaña que se desenvolve en tres partes:
- Contacontos. Relátase a historia
recollida no libro ao tempo que se explican as características dos
diferentes animais que caen na arañeira por medio de figuras de material
reciclado.
- Expresión corporal. Cada
nena ou neno representa un animal do conto empregando xestos e sons que
permitan que o resto de participantes o identifiquen. Ao xuntárense os
“animais” da mesma especie fórmanse grupos de traballo.
- Banda deseñada. Despois
dunha breve explicación das principais características da banda deseñada,
cada grupo debe discorrer como era a vida do animal que representan antes
de chegar á arañeira e plasmalo nun cadriño que se presentará ás súas
compañeiras e compañeiros ao remate da actividade nunha banda deseñada
colectiva.
Duración: 1 hora
Dirixido a:
alumnado de infantil (5 anos)
Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino
Necesidades técnicas da actividade: mesas para traballar ou un chan acondicionado
Para calquera dúbida sobre o desenvolvemento
da actividade poden consultar con Ruth Caramés 675 51 88 91 ou
ruth@fabaloba.com
Para solicitar a
actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 27 de
febreiro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org
As solicitudes,
enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día
27 de febreiro a partir das 09:30 e até as 14:00
Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202
-Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org
/ http://snl.vigo.org / facebook: vigo en galego
Solicitude
de participación na actividade:
A tea de araña para infantil (5 anos)
Cubrirase unha
ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese
remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 27
de febreiro a partir das 09:30 e até as 14:00
Importante: non se
aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (obrigatorio
cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro:
_________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto:
______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea
presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-
Teléfono de contacto: __________________
Número máximo de
participantes nun grupo: 30
Indicar a preferencia (de 1 a 12) para a
participación na actividade.
Non
marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle
outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.
_____ 10 marzo
(luns), ás 10:00 _____
13 marzo (xoves), ás 10:00
_____ 10 marzo
(luns), ás 12:30 _____
13 marzo (xoves), ás 12:30
_____ 11 marzo
(martes), ás 10:00 _____
14 marzo (venres), ás 10:00
_____ 11 marzo
(martes), ás 12:30 _____
14 marzo (venres), ás 12:30
_____ 12 marzo
(mércores), ás 10:00 _____
17 marzo (luns), ás 10:00
_____ 12 marzo
(mércores), ás 12:30 _____
17 marzo (luns), ás 12:30
Importante: a
Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a
cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora
adxudicado/s.
A RELEVANCIA DE VIGO NO REXURDIMENTO
A Concellería de NL, a través do Servizo de
Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade
dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- A relevancia
de Vigo no Rexurdimento
O
obxectivo desta actividade-charla é que o alumnado coñeza e saiba valorar a
importancia do propio Rexurdimento na historia de Galicia e do sinalado papel
que tivo Vigo: a publicación de Cantares
gallegos, o círculo social vigués achegado a Rosalía de Castro, a
importancia da imprenta de Juan Compañel, o papel da prensa (La Oliva-El Miño), etc.
Para isto,
e mediante esta charla apoiada en vídeos, imaxes e música, procuraremos indicar
lugares exactos da actual cidade que foron protagonistas naquel entón e así
facilitar a relación do alumnado coa realidade urbana e a súa historia.
Duración: 1 hora
Dirixido a:
alumnado de 3.º, 4.º ESO e Bacharelato
Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino
Necesidades técnicas da actividade: un ordenador con microsoft office, pantalla, altofalantes e canón
reprodutor
Para calquera dúbida sobre o desenvolvemento
da actividade poden consultar con Xurxo Martínez 659 11 74 38
Para solicitar a
actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 28 de
febreiro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org
As solicitudes,
enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día
28 de febreiro a partir das 09:30 e até as 14:00
Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202
-Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org
/ http://snl.vigo.org / facebook: vigo en galego
Solicitude
de participación na actividade:
O rexurdimento para 3.º, 4.º ESO e Bacharelato
Cubrirase unha
ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese
remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 28
de febreiro a partir das 09:30 e até as 14:00
Importante: non se
aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (obrigatorio
cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro:
_________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto:
______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea
presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-
Teléfono de contacto: __________________
Número máximo de
participantes nun grupo: 30
Indicar a preferencia (de 1 a 10) para a
participación na actividade.
Non
marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle
outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.
_____ 10 marzo
(luns), ás 09:30 _____
13 marzo (xoves), ás 09:30
_____ 10 marzo
(luns), ás 12:30 _____
13 marzo (xoves), ás 12:30
_____ 11 marzo
(martes), ás 09:30 _____
14 marzo (venres), ás 09:30
_____ 11 marzo
(martes), ás 12:30 _____
14 marzo (venres), ás 12:30
_____ 12 marzo
(mércores), ás 09:30
_____ 12 marzo
(mércores), ás 12:30
Importante: a
Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a
cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora
adxudicado/s.
CAMIÑO DA LINGUA
A Concellería de NL,
a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta
unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Camiño da
lingua
Camiño da Lingua é un proxecto que inclúe probas lingüísticas, culturais, xogos onde o vínculo é a lingua galega.
O taboleiro de xogo simula o coñecido xogo da oca pero tematizado
con diferentes monumentos e lugares emblemáticos da cidade de Vigo.
Os participantes terán que superar unha serie de retos lingüísticos e culturais se
queren conseguir o tan prezado “tesouro de Rande”.
As probas abranguen retos lingüísticos con: “anacos de refráns”, “trabalinguas”, “saúdos noutras linguas”, “palabras pirata”, “enredos lingüísticos, a “buxaina das palabras”…, etc.
Por outra banda, hai “probas culturais” sobre a nosa cidade para que os participantes coñezan o lugar onde
viven e que deberán superar se queren avanzar polo taboleiro.
E finalmente, probas lúdicas pero con retos de
atención, traballo en equipo e coordinación motora coma: “o xogo da ponte rota”, “o dominó vigués”, “o mapa tridimensional da cidade”, “fotos de antes-fotos de agora de Vigo”, “ondas do mar de
Vigo” e unha lembranza á emigración galega con “todos a bordo”.
A sesión remata cun obradoiro onde comprobaremos a destreza manual dos participantes cun políptico de Camiño da Lingua onde escribirán a palabra
“lingua” en diferentes linguas e linguaxes (náutica, braille, hebreo, árabe, chinés,
castelán...).
Duración: 1 hora e 30 minutos
Dirixido a: alumnado de 3.º, 4.º e 5.º de primaria
Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino (de ter alguna dúbida sobre o
desenvolvemento da actividade, poden poñerse en contacto con Rocío de Mekané
986 24 54 86, 626 33 99 91, rocio@mekanedidactica.com)
Para solicitar a actividade é necesario enviar
cuberta, a solicitude que se achega, o día 26 de febreiro ao correo electrónico
actividades.snl@vigo.org
As solicitudes, enviadas por correo electrónico,
atenderanse por estrita orde de chegada o día 26 de febreiro a partir das 09:30
e até as 14:00
Importante: os obradoiros concederánselles, en
primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o
pasado curso escolar.
Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202
-Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org
/ http://snl.vigo.org / facebook: vigo en galego
Solicitude
de participación na actividade:
Camiño da lingua para 3.º, 4.º e 5.º de primaria
Cubrirase unha
ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese
remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 26
de febreiro a partir das 09:30 e até as 14:00
Importante: non se
aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (obrigatorio
cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro:
_________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto:
______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea
presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-
Teléfono de contacto: __________________
Número máximo de
participantes nun grupo: 30
Indicar a preferencia (de 1 a 20) para a
participación na actividade.
Non
marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle
outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.
_____ 10 marzo
(luns), ás 09:30 _____
17 marzo (luns), ás 09:30
_____ 10 marzo
(luns), ás 12:30 _____
17 marzo (luns), ás 12:30
_____ 11 marzo
(martes), ás 09:30 _____
18 marzo (martes), ás 09:30
_____ 11 marzo
(martes), ás 12:30 _____
18 marzo (martes), ás 12:30
_____ 12 marzo
(mércores), ás 09:30 _____
19 marzo (mércores), ás 09:30
_____ 12 marzo
(mércores), ás 12:30 _____
19 marzo (mércores), ás 12:30
_____ 13 marzo
(xoves), ás 09:30 _____
20 marzo (xoves), ás 09:30
_____ 13 marzo
(xoves), ás 12:30 _____
20 marzo (xoves), ás 12:30
_____ 14 marzo
(venres), ás 09:30 _____
21 marzo (venres), ás 09:30
_____ 14 marzo
(venres), ás 12:30 _____
21 marzo (venres), ás 12:30
Importante: a
Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a
cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora
adxudicado/s.
CELEBRANDO O ENTROIDO
A páxina web da CGENDL acolle unha vez máis un monográfico
especial sobre o Entroido con materiais para traballar nas aulas,
nos centros escolares e nas casas: http://coordinadoraendl.org/2014entroido/index.php.
Este sitio web reúne recursos didácticos de diferente fasquía como actividades,
vocabularios, manualidades, audiovisual, publicacións, etc., así como
diferentes novas de actualidade relacionadas con esta celebración: concursos,
experiencias, etc. Concibido como un espazo colaborativo, o monográfico está
aberto ás vosas achegas; por iso, pedímosvos que remitades novos materiais
elaborados nos vosos e noutros centros, que serán identificados ou
redireccionados convenientemente.
Neste sentido, lembrámosvos novamente que a CGENDL mantén unha páxina
de recursos de acceso libre para todo o profesorado:
Dende a Coordinadora consideramos que entre todos e todas podemos
contribuír a dotar de material este apartado de recursos no que, ademais de
poder consultar un amplo abano de propostas para desenvolverdes co voso
alumnado, podedes achegar a través dun sinxelo formulario (http://coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=rec_subir.php)
aqueles materiais que consideredes que poden ser de utilidade para traballar
tanto nas diferentes áreas do currículo como nas diferentes actividades que
levan a cabo os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.
Se tedes calquera dúbida ou problema á hora de cumprimentar o formulario e
enviar os recursos, escribide a: correo@coordinadoraendl.org..
Aproveitamos para adiantarvos que o
seguinte número da revista “Ollos de aula” terá carácter bimensual
(marzo-abril) por mor das vacacións de Semana Santa.
Saúdos normalizadores
CGENDL
venres, 7 de febreiro de 2014
O MERDEIRO PARA 6º DE PRIMARIA
A Concellería de NL, a través do Servizo de
Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade
dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- O merdeiro
Obxectivos:
- Coñecer
a figura do merdeiro inserida no entroido tradicional vigués
- Achegar
a historia do entroido tradicional vigués
-
Identificar a figura do merdeiro, a súa historia, carácter...
Devenvolvemento
da actividade:
1.-
Presentación e contextualización do entroido vigués
2.- A
figura do Merdeiro: historia, recuperación vestimenta...
3.-
Representación dunha saída do merdeiro. Visualizarase un documental sobre a súa
recuperación
Duración: 1 hora e
30 minutos
Dirixido a:
alumnado de primaria (6.º)
Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino
Necesidades técnicas da actividade: un proxector, un ordenador e
mesas para facer manualidades.
Para calquera dúbida sobre o desenvolvemento
da actividade poden consultar con Fiz Axeitos 629 87 65 36
Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude
que se achega, o día 14 de febreiro ao correo electrónico
actividades.snl@vigo.org
As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por
estrita orde de chegada o día 14 de febreiro a partir das 09:30 e até as 14:00
LIBROS PARA SOÑAR. LIBRARÍA ESPECIALIZADA EN LITERATURA INFANTIL E XUVENIL.
A NARRADORA BEA CAMPOS IMPARTE ESTE MES UN CURSO DE CONTACONTOS PARA ADULTOS
LIBROS PARA SOÑAR vai acoller a celebración dunha nova edición do curso de contacontos para adultos que imparte a actriz e narradora Beatriz Campos. Será do 17 ao 21 deste mes de febreiro de 10:30 a 13:30 horas pola mañá, ou de 17:00 a 20:00 horas pola tarde, ofrecéndolles ás persoas interesadas a posibilidade de escoller entre a quenda matinal ou a vespertina. Está dirixido a educadores e docentes, bibliotecarios, mediadores de lectura, xestores culturais e público en xeral.
As sesións vanse dividir en tres partes: comezarán cunha clasificación dos álbums ilustrados por idades, atendendo á súa temática e formato, con mostras dos materiais que se atopan actualmente no mercado.
Tamén se tratarán pautas sobre como organizar unha sesión de contacontos en función dos intereses e das expectativas do público, segundo sexan bebés, nenos ou maiores. Nesta sección atenderase especialmente a recuperación e a posta en valor da tradición oral e do cancioneiro popular, así como o legado cultural co que medraron e se formaron as xeracións pasadas.
Finalmente, a través de xogos de expresión e de exercicios de relaxación, abordaranse as técnicas para aprender a contar; presentaranse e analizaranse as fases de preparación dunha sesión de contacontos.
Bea Campos é licenciada en Arte Dramática. Está vencellada ao teatro dende moi nova a través da compañía Migallas, coa que representou diversas obras e interviu en actividades infantís como o programa “Á procura do tesouro”, que se desenvolve no Concello de Pontevedra. Traballou no equipo de animación á lectura de KALANDRAKA realizando sesións de contos e música en escolas galegas, librarías, bibliotecas e centros culturais. Colabora cos grupos Inversa Teatro, Arela das Artes, Matreska Teatro e Triatreros.
Nos últimos anos -xunto co actor e músico David González- realiza a sesión de bebés “Entre arrolos e contiños”. Ademais, protagoniza a sesión de narración oral “Contos nas orellas” que se representa por toda Galicia e coa que estivo de xira por Latinoamérica, onde participou como narradora no III Festival de las Artes Escénicas Gran Caribe. Participa en espectáculos de improvisación e foi intérprete no documental “Pelo Gato 24”. Imparte clases a grupos de teatro afeccionado e cursos de formación en expresión oral e narración para o profesorado.
Xa está aberto o prazo de inscrición para este curso de contacontos, cun custe de 35 euros (30 € no caso de estudantes e desempregados).
LIBROS PARA SOÑAR: Triunfo, 1. Vigo | Tlf. 986 43 37 68 | lps@kalandraka.com
ACTOS POLO " DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO"
O Pleno do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do vinte e sete de febreiro de 2012 aprobou, por unanimidade, declarar o 24 de febreiro como “Día de Rosalía de Castro no Concello de Vigo”.
Como consecuencia da dita declaración o concello organiza diferentes actividades para difundir o coñecemento da escritora, da súa obra e do seu papel sobranceiro no Rexurdimento galego, e do galego.
A Concellaría de Normalización Lingüística, en colaboración con Edicións Xerais de Galicia, organiza o
LUNS 24 DE FEBREIRO ÁS 12.00 H, NO AUDITORIO MUNICIPAL (praza do Rei) unha CONFERENCIA do profesor FERNANDO PEREIRA BUENO, autor do libro "Rosalía de Castro. Imaxe e realidade", sobre a ICONOGRAFÍA DA POETA.DIRIXIDA AO ALUMNADO DE 3.º e 4.º da ESO e BAC.
É este o primeiro estudo iconográfico dedicado a Rosalía de Castro. Nel analízanse algunhas das interpretacións que da imaxe e do espírito da poeta fixeron as e os artistas plásticos en diferentes épocas. O estudo de todo este material icónico contribúe a que Rosalía permaneza no tempo e alcance maior visibilidade e popularidade.
Ao remate, achegarémoslles aos centros participantes un exemplar do citado libro. Asemade, comunicámosvos que na TARDE do luns 24, a partir das 17.30 horas e até as 19.30, na CASA GALEGA DA CULTURA, haberá unha LECTURA ININTERROMPIDA DE POEMAS DE ROSALÍA DE CASTRO.
Remata este acto coa conferencia de FERNANDO PEREIRA BUENO sobre a ICONOGRAFÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.
De quererdes participar co voso alumnado na lectura podedes comunicárnolo por correo electrónico (ofi.normalizacion@vigo.org) para organizarmos o acto. Precisariamos saber que número de alumnos/as poden asistir, e hora de chegada para leren.
Este acto está organizado xunto coa Universidade de Vigo, o que nos permitirá contar con “Erasmus” e deste xeito darémoslle voz a Rosalía en diferentes linguas.
Se considerades que algún ou algunha alumna do voso centro pode participar nesta lectura con poema(s) en diferentes linguas, podedes tamén indicárnolo.
Moitas grazas pola vosa colaboración que nos permite poder levar a cabo estas e outras moitas actividades.
CAMBIOS NA PROGRAMACIÓN
ENL DE VIGO:
Na pasada reunión de coordinación,
indicabámosvos que a actividade “Bibliotecas viventes” se levaría a cabo no mes
de marzo.
Por razóns de disposición dos “libros”, temos
que adiala ao mes de abril, concretamente os días 8, 9, 10 e 11 de abril.
Estamos vendo posibilidades de achegarvos
outras actividades:
- 24 de febreiro: Día de Rosalía de Castro.
Charla de Fernando Pereira Bueno sobre a
iconografía de Rosalía de Castro no Auditorio municipal.
De estar interasadas/os, solicitámosvos que
nolo indiquedes no correo electrónico ofi.normalizacion@vigo.org o máis axiña
posible.
- Charla sobre a relevancia de Vigo no
Rexurdimento e na produción literaria, por conta de Xurxo Martínez González.
Sería nos centros de ensino entre os días 11 ao
17 de marzo.
De estar interasadas/os, solicitámosvos que
nolo indiquedes no correo electrónico ofi.normalizacion@vigo.org o máis axiña
posible.
Vigo, 4 de febreiro de 2014
ACTIVIDADES SOBRE " O MERDEIRO"
A Concellería de NL, a través do Servizo de
Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade
dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- O merdeiro
Obxectivos:
- Coñecer
a figura do merdeiro inserida no entroido tradicional vigués
- Achegar
a historia do entroido tradicional vigués
-
Identificar a figura do merdeiro, a súa historia, carácter...
Devenvolvemento
da actividade:
1.-
Presentación e contextualización do entroido vigués
2.- A
figura do Merdeiro: historia, recuperación vestimenta...
3.-
Representación dunha saída do merdeiro. Visualizarase un documental sobre a súa
recuperación
Duración: 1 hora e
30 minutos
Dirixido a:
alumnado de ESO (1.º e 2.º)
Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino
Necesidades técnicas da actividade: un proxector, un ordenador e
mesas para facer manualidades.
Para calquera dúbida sobre o desenvolvemento
da actividade poden consultar con Fiz Axeitos 629 87 65 36
Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude
que se achega, o día 11 de febreiro ao correo electrónico
actividades.snl@vigo.org
As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por
estrita orde de chegada o día 11 de febreiro a partir das 09:30 e até as 14:00
sábado, 1 de febreiro de 2014
30 DE XANEIRO DÍA ESCOLAR DA PAZ
http://normalizacionesperanza.blogspot.com.es/
NON É MÁIS VALENTE O QUE NON TEN MEDO, SENÓN O QUE SABE CONQUISTALO!!!!
NON É MÁIS VALENTE O QUE NON TEN MEDO, SENÓN O QUE SABE CONQUISTALO!!!!
venres, 31 de xaneiro de 2014
PEPIÑA MARUXIÑA QUERE VOAR. EDITORIAL BARAFUNDA.
1º EDICIÓN
Título: Pepiña Maruxiña quere voar
Editorial: Barafunda
Texto: Manuel Castro Lima.
Ilustracións: Francisco Ameixeiras Sánchez.
Idioma: Galego
Nº páxinas: 34 a toda cor
Encadernación: Cartonado
Tamaño: 20 x 20 cm
ISBN:84-941-9850-2
P.V.P.: 12 €
www.barafundaanimación.com
Pepiña Maruxiña emprende unha aventura polo xardín á procura dunhas ás. Pólo camiño coñecerá diferentes animais que a axudarán a cumprir os seus desexos de voar.
O conto de Pepiña está baseado na tradición popular de cantarlle ás xoaniñas para protexelas, pero tamén para que emprendan o vóo, para preguntarlles polo tempo atmosférico, para coñecer con quen vas casar, para que faga bo tempo e boas colleitas...
Dende Barafunda embarcámonos no proxecto de recuperar esta tradición oral mediante a publicación dun conto ilustrado e un espectáculo en pequeno formato.
Pretendendo espertar nos máis cativos o interese pola cultura de noso e o respecto á natureza.
XVI CERTAME INTERNACIONAL DE IMPROVISACIÓN ORAL
CENTRO
VECIÑAL E CULTURAL DE VALLADARES
ESTRADA XERAL DE VALLADARES Nº
261
36.315 - VIGO
TELF: +34 - (9)86 - 467053
FAX: +34 - (9)86 - 467052
Http:www.ctv.es/USERS/cvallada
E-mail: cvallada@ctv.es
CIF:G-36805158
XVI CERTAME INTERNACIONAL DE
IMPROVISACIÓN ORAL
Lugar: Auditorio do Centro Sociocultural de
Valladares ( O Pedregal)
DÍA 1 DE FEBREIRO.- Actividades paralelas
20,00 H.- DESAFIO POÉTICO
-
IRENE LA SEN
-
SILVIA PENAS
-
MANOLO PIPAS
20,20 H.- RAPEADO CEIBE DO PAÍS.
20, 45 H.- TEATRO DO IMPROVISO, DENDE TERRAS
LUGUESAS.
-
EXPERIENCIAS DE ESCRITURA
IMPROVISADA EN DIRECTO.
DÍA 2 DE FEBREIRO.- Mostra Internacional de Regueifas
18,00 HORAS.- OBRADOIRO ABERTO DE INICIACIÓN
ORAL (SEN PÚBLICO), PREVIA INSCRICIÓN (PRAZO ATA O XOVES 30, ÁS 20,00 H.), NO
TELÉFONO 986467053, NO CORREO- E: cvallada@ctv.es
OU oral@regueifa.org
19,00.- HORAS.- PRESENTADOR: LUIS “O
CARUNCHO”.
19,10.- REGUEIFEIROS BERGANTIÑANS:
-
SUSO DE XORNES
-
ANTONIO DE XORNES
-
GUILLERMO DA RABADEIRA
(Gañadores do premio “Rosalía de Castro” da Deputación da Coruña – 2013)
19,30.- ALUMN@S
DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA ORALIDADE DE VIGO
19,40.- CANTAR AO DESAFIO PORTUGUÉS CON:
-
VALTER SAÔ MARTINHO
-
CLAUDIA MARTÍNS
20,15.- IMPROVISACIÓN EN VERSO, CON :
-
PINTO D´HERBÓN
-
BIEITO LOBARIÑAS
-
JOSIÑO DA TEIXEIRA
20,30.- ROLDA DE DESPEDIDA
20,45.- PECHE DO ACTO CUN BRINDO DE LUIS “O
CARUNCHO”
OBRADOIRO DE REGUEIFAS
A Concellería de Normalización Lingüística, a través do
Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha
actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Obradoiros de regueifas
e certame
Os obradoiros teñen a intención de ser unha porta á nosa
tradición e cultura oral, pero que responden á necesidade de coñecer a rima, o
ritmo, a métrica... a poesía.
Datas: os obradoiros de regueifa duran dous días,
cada centro escolle un día da 1.ª quenda e outro da 2.ª
1.ª quenda:
18, 19, 21, 25 e 26 de febreiro; e 7 de marzo (escoller un día)
2.ª quenda:
10, 11, 12, 14, 18 e 19 de marzo (escoller un día)
Horario: ás 09:30 ou ás 12:00
O horario que se escolla para a 1.ª quenda deberá ser o
mesmo que para a 2.ª quenda
Duración: 1 hora e 30 minutos
Dirixido a: alumnado de ESO, Bacharelato e FP
Número de participantes: máximo 50
Lugar de realización do obradoiro: no propio centro
de ensino
Necesidades do profesorado do obradoiro: unha pizarra
ou veleda
Para
solicitar a actividade é necesario chamar ao teléfono: 986 81 02 81 os días 10
(luns) e 11 (martes) de febreiro, de 13:00 a 14:00
IMPORTANTE: CERTAME DE REGUEIFAS
Está previsto un certame o día 21 de marzo, venres, a partir
das 10:00, no CVC de Valadares (camiño do Pedregal, 6), no que participarán
rapaces e rapazas dos centros escolares participantes.
Estará guiado por regueifeiros e contarase con outras
colaboracións.
Para a realización deste certame precísase que os centros
que participen acorden asistir a este evento, por iso:
Pídeselles aos centros que comuniquen, á hora de facer a
solicitude do obradoiro, se teñen intención de asistir ao certame.
O desprazamento até o Centro Cultural de Valadares vai
por conta da Concellaría de Normalización Lingüística.
De asistiren, deberán indicar o número de alumnos/as que
acudirán.
A PAISAXE DE VIGO
A Concellería de NL, a través do Servizo de
Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade
dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- A paisaxe de
Vigo
Narración
oral que require a participación do público en determinados momentos.
A historia
transcorre nun Vigo imaxinario, poboado por elementos e personaxes da tradición
oral asociados a localizacións realmente existentes na cidade e a súa contorna
(a fonte do ouro, a calexa do tardo, a pedra da moura...). En determinados
momentos da historia, á protagonista preséntanselle probas, probas que, en
realidade, será o propio público que deba resolver, tales coma a creación de
pequenos poemas, ilustracións ou resolución de adiviñas...
Ademais
destas particularidades, o outro elemento definitorio da actividade é o uso dun
mural de feltro sobre o cal se van colocando as distintas personaxes que
aparecen.
Duración: 50 min
Dirixido a:
alumnado de primaria (3.º e 4.º)
Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino
Necesidades técnicas da actividade: a única necesidade é ter un fondo sobre o cal colocar o mural.
Habitualmente, as e os participantes sentan no
chan, próximos ao contador e poden realizar as actividades directamente no chan
ou ben en mesas próximas.
Para calquera dúbida sobre o desenvolvemento
da actividade poden consultar con Tono Formoso 610 90 84 19 ou ben
tono@fabaloba.com
Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude
que se achega, o día 10 de febreiro ao correo electrónico
actividades.snl@vigo.org
As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por
estrita orde de chegada o día 10 de febreiro a partir das 9:30 h e até as 14:00
h
Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202
-Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Solicitude
de participación na actividade:
A paisaxe de Vigo para primaria (3.º e 4.º)
Cubrirase unha
ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese
remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 10
de febreiro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h
Importante: non se
aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (obrigatorio
cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro:
_________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto:
______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea
presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-
Teléfono de contacto: __________________
Número máximo de
participantes nun grupo: 30
Indicar a preferencia (de 1 a 18) para a
participación na actividade:
_____ 17 febreiro
(luns), ás 10:00 _____
24 febreiro (luns), ás 10:00
_____ 17 febreiro
(luns), ás 12:30 _____
24 febreiro (luns), ás 12:30
_____ 18 febreiro
(martes), ás 10:00 _____
25 febreiro (martes), ás 10:00
_____ 18 febreiro
(martes), ás 12:30 _____
25 febreiro (martes), ás 12:30
_____ 19 febreiro
(mércores), ás 10:00 _____ 26
febreiro (martes), ás 10:00
_____ 19 febreiro
(mércores), ás 12:30 _____ 26
febreiro (mércores), ás 12:30
_____ 20 febreiro
(xoves), ás 10:00 _____
27 febreiro (xoves), ás 10:00
_____ 20 febreiro
(xoves), ás 12:30 _____
27 febreiro (xoves), ás 12:30
_____ 21 febreiro
(venres), ás 10:00
_____ 21 febreiro
(venres), ás 12:30
Importante: a
Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a
cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora
adxudicado/s.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)