venres, 31 de xaneiro de 2014

A PAISAXE DE VIGO

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- A paisaxe de Vigo

Narración oral que require a participación do público en determinados momentos.
A historia transcorre nun Vigo imaxinario, poboado por elementos e personaxes da tradición oral asociados a localizacións realmente existentes na cidade e a súa contorna (a fonte do ouro, a calexa do tardo, a pedra da moura...). En determinados momentos da historia, á protagonista preséntanselle probas, probas que, en realidade, será o propio público que deba resolver, tales coma a creación de pequenos poemas, ilustracións ou resolución de adiviñas...
Ademais destas particularidades, o outro elemento definitorio da actividade é o uso dun mural de feltro sobre o cal se van colocando as distintas personaxes que aparecen.

Duración: 50 min
Dirixido a: alumnado de primaria (3.º e 4.º)
Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino
Necesidades técnicas da actividade: a única necesidade é ter un fondo sobre o cal colocar o mural.
Habitualmente, as e os participantes sentan no chan, próximos ao contador e poden realizar as actividades directamente no chan ou ben en mesas próximas.
Para calquera dúbida sobre o desenvolvemento da actividade poden consultar con Tono Formoso 610 90 84 19 ou ben tono@fabaloba.com


Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 10 de febreiro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org

As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 10 de febreiro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h





Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.orgg / facebook: vigo en galego
Solicitude de participación na actividade:
A paisaxe de Vigo para primaria (3.º e 4.º)

Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 10 de febreiro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h

Importante:         non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-

Teléfono de contacto: __________________

Número máximo de participantes nun grupo: 30

Indicar a preferencia (de 1 a 18) para a participación na actividade:

_____ 17 febreiro (luns), ás 10:00                      _____ 24 febreiro (luns), ás 10:00
_____ 17 febreiro (luns), ás 12:30                      _____ 24 febreiro (luns), ás 12:30
_____ 18 febreiro (martes), ás 10:00                  _____ 25 febreiro (martes), ás 10:00
_____ 18 febreiro (martes), ás 12:30                  _____ 25 febreiro (martes), ás 12:30
_____ 19 febreiro (mércores), ás 10:00             _____ 26 febreiro (martes), ás 10:00
_____ 19 febreiro (mércores), ás 12:30             _____ 26 febreiro (mércores), ás 12:30
_____ 20 febreiro (xoves), ás 10:00                    _____ 27 febreiro (xoves), ás 10:00
_____ 20 febreiro (xoves), ás 12:30                    _____ 27 febreiro (xoves), ás 12:30
_____ 21 febreiro (venres), ás 10:00
_____ 21 febreiro (venres), ás 12:30


Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

Ningún comentario:

Publicar un comentario