venres, 10 de xaneiro de 2014

NANOCONTOS

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Nanocontos

Contacontos de Raquel Queizás.
Para os nosos amigos os animais cada día é unha nova aventura chea de cousas que aprenden mentres xogan coas cores, as formas e a música. Porque cando se é tan pequeño até as cousas mais sinxelas se convirten en todo un reto.
Reinventan o mundo cunha mirada que o ve todo por primeira vez, abraiándose a cada paso mentres aprenden novos nomes para os obxectos que acaban de descubrir.
Un espectáculo que estimula as habilidades de percepción espacial e psicomotricidade dos nenos e nenas de 0 a 3 anos; a través de pequenas historias adaptadas para captar o seu interese e cunha duración apropiada á súa capacidade de atención.

Duración da actividade: 35 minutos
Tempo de montaxe: 15 min
Tempo de desmontaxe: 15 min

Dirixido a: alumnado de infantil (de 0 a 3 anos)

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino (é preciso unha toma de corrente)
De ter algunha dúbida sobre o desenvolvemento da actividade poden poñerse en contacto con Xaime de Urdime 679 94 69 57 e/ou Mariola 639 069 580, de Urdime


Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 21 de xaneiro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org

As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 21 de xaneiro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h

 Vigo, 8 de xaneiro de 2014
Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.orgg / facebook: vigo en galego

Solicitude de participación na actividade:
Nanocontos para infantil (de 0 a 3)

Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 21 de xaneiro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h

Importante:         non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).


DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-

Teléfono de contacto: __________________


Número máximo de participantes nun grupo: 50


Indicar a preferencia (de 1 a 9) para a participación na actividade:

Horario: ás 16:30 h, este horario podería adaptarse ás necesidades do centro escolar, no caso de ser posible realizar o cambio pola entidade que desenvolve a actividade.

_____ 27 xaneiro (luns)                            _____ 4 febreiro (martes)
_____ 28 xaneiro (martes)                        _____ 5 febreiro (mércores)
_____ 29 xaneiro (mércores)                   _____ 6 febreiro (xoves)
_____ 30 xaneiro (xoves)                         _____ 7 febreiro (venres)
_____ 3 febreiro (luns)


Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

Ningún comentario:

Publicar un comentario