A Concellería de NL, a través do Servizo de
Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade
dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Paseniño coa
lingua
Consiste
nunha xincana na cal as e os participantes teñen que superar unha serie de
probas a través da linguaxe corporal e verbal co obxectivo de conseguir peza
dun quebracabezas, cuxa correcta montaxe presenta un collage da nosa
cidade e palabras en lingua galega, relacionadas con ela e coa nosa cultura.
Duración: 1 hora e
cuarto
Dirixido a:
alumnado de infantil (4 e 5 anos)
Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino (aula de psicomotricidade, ximnasio ou
aula despexada) -de ter alguna dúbida sobre o desenvolvemento da
actividade, poden poñerse en contacto con Rocío de Mekané 986 24 54 86, 626 33
99 91.
Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude
que se achega, o día 17 de xaneiro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org
As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por
estrita orde de chegada o día 17 de xaneiro a partir das 9:30 h e até as 14:00
h
Importante: os obradoiros concederánselles, en
primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o
pasado curso escolar.
Vigo, 3 de xaneiro de 2014
Solicitude
de participación na actividade:
Paseniño coa lingua para infantil (4 e 5 anos)
Cubrirase unha
ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese
remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 17
de xaneiro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h
Importante: non se
aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (obrigatorio
cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro:
_________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto:
______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea
presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-
Teléfono de contacto: __________________
Número máximo de
participantes nun grupo: 30
Indicar a preferencia (de 1 a 20) para a
participación na actividade:
_____ 22 xaneiro
(mércores), ás 9:30 h _____ 29
xaneiro (mércores), ás 9:30 h
_____ 22 xaneiro
(mércores), ás 12:15 h _____ 29
xaneiro (mércores), ás 12:15 h
_____ 23 xaneiro
(xoves), ás 9:30 h _____
30 xaneiro (xoves), ás 9:30 h
_____ 23 xaneiro
(xoves), ás 12:15 h _____
30 xaneiro (xoves), ás 12:15 h
_____ 24 xaneiro
(venres), ás 9:30 h _____
31 xaneiro (venres), ás 9:30 h
_____ 24 xaneiro
(venres), ás 12:15 h _____
31 xaneiro (venres), ás 12:15 h
_____ 27 xaneiro
(luns), ás 9:30 h _____
3 febreiro (luns), ás 9:30 h
_____ 27 xaneiro
(luns), ás 12:15 h _____
3 febreiro (luns), ás 12:15 h
_____ 28 xaneiro
(martes), ás 9:30 h _____
4 febreiro (martes), ás 9:30 h
_____ 28 xaneiro
(martes), ás 12:15 h _____ 4
febreiro (martes), ás 12:15 h
Importante: a
Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a
cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora
adxudicado/s.
Ningún comentario:
Publicar un comentario