A Concellería de Normalización Lingüística, a través do
Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha
actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Obradoiros de regueifas
e certame
Os obradoiros teñen a intención de ser unha porta á nosa
tradición e cultura oral, pero que responden á necesidade de coñecer a rima, o
ritmo, a métrica... a poesía.
Datas: os obradoiros de regueifa duran dous días,
cada centro escolle un día da 1.ª quenda e outro da 2.ª
1.ª quenda:
18, 19, 21, 25 e 26 de febreiro; e 7 de marzo (escoller un día)
2.ª quenda:
10, 11, 12, 14, 18 e 19 de marzo (escoller un día)
Horario: ás 09:30 ou ás 12:00
O horario que se escolla para a 1.ª quenda deberá ser o
mesmo que para a 2.ª quenda
Duración: 1 hora e 30 minutos
Dirixido a: alumnado de ESO, Bacharelato e FP
Número de participantes: máximo 50
Lugar de realización do obradoiro: no propio centro
de ensino
Necesidades do profesorado do obradoiro: unha pizarra
ou veleda
Para
solicitar a actividade é necesario chamar ao teléfono: 986 81 02 81 os días 10
(luns) e 11 (martes) de febreiro, de 13:00 a 14:00
IMPORTANTE: CERTAME DE REGUEIFAS
Está previsto un certame o día 21 de marzo, venres, a partir
das 10:00, no CVC de Valadares (camiño do Pedregal, 6), no que participarán
rapaces e rapazas dos centros escolares participantes.
Estará guiado por regueifeiros e contarase con outras
colaboracións.
Para a realización deste certame precísase que os centros
que participen acorden asistir a este evento, por iso:
Pídeselles aos centros que comuniquen, á hora de facer a
solicitude do obradoiro, se teñen intención de asistir ao certame.
O desprazamento até o Centro Cultural de Valadares vai
por conta da Concellaría de Normalización Lingüística.
De asistiren, deberán indicar o número de alumnos/as que
acudirán.
Ningún comentario:
Publicar un comentario