Desde a CGENDL vivimos con fonda preocupación a deriva do noso sistema educativo enganchado atrás dun Decreto de Centros Plurilingües que non é máis ca unha extensión do Decreto do Plurilingüismo (D. 79/2010), co que a administración, ademais de atentar gravemente contra a promoción da nosa lingua no ensino, pon en perigo, entre outras cousas, a competencia lingüística xeral do alumnado. No II Encontro de equipos e docentes pola normalización tratamos o tema e presentamos os documentos que se anexan, que precisan unha lectura demorada pero necesaria, e que tamén atoparedes en http://www.coordinadoraendl.org/plurilinguismo/ . Pregamos a súa difusión.
Por outra banda, os XIV Encontros para a Normalización Lingüística que organiza o Consello da Cultura terán lugar o 8 e o 9 de marzo en Santiago de Compostela. Baixo o foco da relación entre a lingua e a mocidade, o labor dos Equipos de Normalización Lingüística e as súas experiencias educativas teñen un papel destacado no programa. A inscrición é de balde para os membros adscritos á CGENDL e o prazo de preinscrición remata o 23 de febreiro . Tedes o formulario e toda a información relacionada en:
http://www.consellodacultura.org/evento.php?id=330 . Saúdos normalizadores
CGENDL
PODEDES VER O PROGRAMA E OUTROS DOCUMENTOS NESTE ENDEREZO
http://dl.dropbox.com/u/22728933/programa_encontros_14.pdf
http://dl.dropbox.com/u/22728933/Por%20un%20pluriling%C3%BCismo%20inclusivo.pdf
Ningún comentario:
Publicar un comentario