INSPIRACIENCIA é un concurso de relatos de inspiración científica que pretende combinar ciencia e escritura dunha forma participativa e ser un estímulo para a innovación.
Modalidades
O concurso ten dúas modalidades competitivas: relatos curtos (entre 800 e 1.500 palabras) e microrrelatos (ata 500 palabras).
Categorías O concurso ten dúas categorías: público xeral (a partir de 18 anos) e público novo (de 12 a 17 anos).
Os participantes deben rexistrarse nunha das dúas categorías e poden enviar como máximo un relato para cada modalidade competitiva. É dicir, cada participante pode enviar un relato curto e un microrrelato.
Lingua Os relatos poden estar escritos en catalán, en castelán ou en galego.
Consulta as bases do concurso e inspírate!
Ningún comentario:
Publicar un comentario