martes, 14 de febreiro de 2012

Nós tamén creamos! Actividade dirixida a Infantil e Primaria.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa en colaboración coa Compañía de Radio-Televisión de Galicia e con OQO Editora, presentaron o venres pasado o programa Nós tamén creamos!.
Obxectivos do programa:
  1. Incentivar o uso da lingua galega nos centros educativos en novos espazos e soportes.
  2. Favorecer a innovación educativa para promover xeitos cada vez máis efectivos de aprendizaxe de linguas.
  3. Promover unha relación positiva dos rapaces coa lingua propia de Galicia, ao relacionala co audiovisual e coas TIC.
  4. Abrir unha nova oportunidade para que as nenas e os nenos se acheguen á lectura en galego.
  5. Fomentar a creatividade en lingua galega.
  6. Difundir as posibilidades de ocio en galego que ofrece a CRTVG.
O profesorado dos centros que se interesen por participar neste programa e resulten seleccionados recibirá material, formación e asesoramento. Ademais, as creacións dos rapaces difundiranse na sección infantil da web da CRTVG e estarán tamén accesibles dende esta páxina web. Haberá un premio para a mellor curta elaborada en educación infantil e mais no primeiro e no segundo ciclo de primaria. O traballo do profesorado premiado recoñecerase con 20 horas de innovación educativa.
No arquivo adxunto, achegamos as bases do concurso e o anexo. Para solicitar a participación, hai que enviar un correo electrónico cos datos que vedes nas bases a sxpl.secretaria@xunta.es. 
Podedes atopar esta información na ligazón:
Botade unha ollada e animádevos a participar!

Ningún comentario:

Publicar un comentario