Poden participar no certame AMIGA CANTIGA 2.0 todas as persoas que participaron nos Obradoiros de Literatura Medieval Amiga Cantiga que tiveron lugar en 16 centros de ensino do Concello de Vigo durante o Outono 2011.
A persoa de contacto do SNL no centro canaliza a participación de cada centro, sexa a participación “oficial” do centro educativo, sexa a participación espontánea de grupos de estudantes.
O número máximo de vídeos que pode presentar cada centro é 4. No caso de haber máis de 4 propostas, cada centro determinará os seus procedementos de selección.
A comunicación realizarase exclusivamente mediante o enderezo electrónico amigacantiga@xandobela.info. Dende este enderezo indicaranse todos os pasos a seguir e máis os cartafois na rede nos que depositar os vídeos presentados ao certame.
Cada centro proporcionará un enderezo de correo electrónico que se considerará o único interlocutor válido.
Crearase unha serie de cartafois na rede de uso compartido entre Xandobela e cada un dos centros. Estes cartafois teñen como único obxecto compartir grandes ficheiros audiovisuais a efectos de celebración do certame escolar AMIGA CANTIGA 2.0. Estes cartafois de uso compartido e acceso exclusivo serán borrados unha vez conclúa o proceso de comunicación do certame AMIGA CANTIGA 2.0, a non ser que así decidan non facelo ambas partes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario