domingo, 5 de febreiro de 2012

CAMPAÑA DE NORMALIZACIÓN SOBRE A FIGURA DE VALENTÍN PAZ ANDRADE

Prezados/as amigos/as,
A Coordinadora Galega de ENDL quere aproveitar a figura de Valentín Paz Andrade e a súa vinculación co mundo da empresa para dirixir unha campaña de normalización neste ámbito e presentar unha serie de accións arredor das cales se pode traballar desde os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística. En todas e en cada unha delas preténdese actuar, con maior ou menor intensidade, sobre a situación da lingua dentro do mundo da empresa. No documento anexo descríbese o proxecto e cada unha das medidas máis polo miúdo.
Por se vos é de axuda, as diferentes accións van acompañadas de ligazóns a recursos e materiais que xa se teñen desenvolvido nalgúns centros de ensino con anterioridade e que vos poden dar ideas para levalas adiante na medida das posibilidades e/ou recursos de cada equipo. Están á vosa disposición na páxina web da actividade:
http://coordinadoraendl.org/empresaengalego/
Este é só o punto de partida, agardamos as vosas achegas para que medre o número de recursos e propostas para desenvolver no ámbito empresarial.
Saúdos normalizadores
CGENDL

ENLACE
http://dl.dropbox.com/u/22728933/Proposta%20de%20acci%C3%B3ns%20ao%20redor%20de%20Valent%C3%ADn%20Paz%20Andrade.pdf

Ningún comentario:

Publicar un comentario