xoves, 2 de febreiro de 2012

ACTIVIDADES PARA O ENTROIDO

Prezados/as amigos/as,
Ao igual ca no curso pasado, habilitamos na páxina web da CGENDL un  monográfico especial sobre o Entroido  con materiais para traballar nas aulas, nos centros escolares e nas casas:  http://www.coordinadoraendl.org/2012entroido/ant4.php .
Nel, poderedes atopar recursos didácticos, manualidades, publicacións, etc., así como diferentes novas de actualidade relacionadas con esta celebración: concursos, experiencias, etc. Trátase dun especial en desenvolvemento que se irá actualizando con novas achegas nos próximos días; por iso, pedimos, unha vez máis, que nos remitades novos materiais elaborados nos vosos e noutros centros e que nos fagades chegar as vosas suxestións e propostas.
II Encontro de equipos e docentes pola normalización
Lembrámosvos que o próximo sábado 11 de febreiro terá lugar o  II Encontro de equipos e de docentes pola normalización  no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela. Podedes consultar o programa, e outras informacións de utilidade, na nosa páxina ( http://ir.gl/fdf0b9 ) e no ficheiros anexo. A inscrición é gratuíta e formalízase a través de correo@coordinadoraendl.org sinalando nome e apelidos e centro de ensino da persoa interesada. Haberá tamén un espazo para a exposición de materiais elaborados polos equipos, que tamén precisan ser confirmados antes do 8 de mércores para que poidamos preparar os expositores.
Animámosvos a participar neste espazo que ten como obxectivo fortalecer as canles de colaboración, intercambiar experiencias educativas e coñecer outras metodoloxía no ensino das linguas e as propostas de traballo da Coordinadora para o resto do curso.
Saúdos normalizadores
Coordinadora Galega de ENDL

Ningún comentario:

Publicar un comentario