sábado, 14 de decembro de 2013

RECURSOS PARA TRABALLAR O NADAL NAS AULAS

A CGENDL pon unha vez máis á disposición de todas e todos vós un monográfico dedicado á temática do Nadal: http://coordinadoraendl.org/nadal2013/index.php. Esta páxina especial contén unha escolma de recursos e materiais elaborados por docentes, equipos de normalización lingüística, centros escolares, institucións e asociacións, tales como unidades didácticas, actividades en liña, manualidades, vilancicos, contos, o refraneiro, propostas de agasallos en galego, etc. Coma sempre, agardamos que este contedor de recursos vos sexa de proveito nas aulas e pedímosvos a vosa colaboración para achegar novos recursos que compartir coa comunidade educativa, recursos que seguiremos subindo nestes días vindeiros.
Así mesmo, presentámosvos agasallo.eu, plataforma web con propostas para regalar (en) galego posta en marcha pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua. Esta interesante iniciativa pode ser de grande utilidade á hora de confeccionar as propostas de lecturas, discos, cinema e outros agasallos que se soen facer dende os Equipos, as Bibliotecas ou os centros en xeral, xa que presenta a posibilidade de crear un catálogo personalizado en pdf. Máis alá das festas navideñas, contempla efemerides como o Día das Letras Galegas ou o Día de Rosalía.
Por último, detectáronse erros no envío do nº 11 de ‘Ollos de aula’ (decembro de 2013), así que repetimos os sitios web dende onde podedes acceder á revista:

Ningún comentario:

Publicar un comentario