Presentámosvos un novo número (o 12, decembro de 2013) de "Ollos de
aula", a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado. Nesta
entrega, Valentina Formoso responde á pregunta "Que vai supoñer a LOMCE
para o ensino do galego?", analízase a nova lei de educación dende os
presupostos dos seus defensores e detractores, achegámonos ao Departamento de
Orientación da man de Lines Salgado e non faltan os anuncios móbiles e as
habituais propostas de ocio de Gracia Santórum. E, ademais, reflexionamos:
"Quen lle fala hoxe galego a Shin Chan?".
Coma sempre, agardamos polas vosas suxestións, consultas e colaboracións no enderezo ollosdeaula@gmail.com e
pregámosvos difusión entre a comunidade escolar, sobre todo, entre as ANPAS e
as familias.
Podedes descargala en:- Páxina da CGENDL: http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=ollosdeaula/ollosdeaula.html
- Formatos dixitais en Slideshare e Scribd para incrustar
nos sitios web: http://www.slideshare.net/CGENDL e http://es.scribd.com/cendl
- Subscrición dixital: http://coordinadoraendl.org/lists/?p=subscribe&id=2
CGENDL
Ningún comentario:
Publicar un comentario