sábado, 14 de decembro de 2013

IDEAS PARA REGALAR EN GALEGO

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua pon en marcha un interesante proxecto co que achega diferentes agasallos para este Nadal relacionados coa lingua ou a cultura do país. Airapro participa da iniciativa co disco e a camiseta dos Heredeiros da Crus, as cuncas de Mucha e Nucha e o primeiro traballo de Sés. Na web de agasallo.eu pódese atopar desde literatura e música ata audiovisual, tecnoloxía e textil.
Os días máis especiais do ano para mercar un detalle para regalar fanse desde esta semana un pouco máis doados para os amantes dos produtos da terra. A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua ven de presentar agasallo.eu, unha interesante iniciativa coa que colabora Airapro e que aglutina un bo número de propostas que ben poden servir como agasallos nas festas do Nadal.
Libros, música, audiovisual, tecnoloxía, experiencias, textil, alimentación ou xogos son algunhas das categorías de produtos que se poden atopar nunha páxina que non fai máis que redirixir ao usuario ás empresas ou proxectos que se encargan de vender os diferentes agasallos: no caso de Airapro, tanto o disco e a camiseta dos Heredeiros como o disco de Sés e as cuncas de Mucha e Nucha pódense mercar na Airapro Tenda.
Agasallo.eu ofrece toda a información sobre cada un dos produtos (fotografía, descrición, precio e características a ter en conta), facilitando dun xeito doado ao usuario a compra a través da rede. Non está pensada exclusivamente para o Nadal: mesmo suxire algunhas das datas nas que pode ser útil para atopar ideas coas que sorprender en galego a un amigo ou familiar.

http://airapro.com/ideas-para-regalar-en-galego-en-agasallo-eu/

http://airapro.com/


Ningún comentario:

Publicar un comentario