mércores, 11 de decembro de 2013

CONCURSO DE CARTAS AO APALPADOR

http://www.apalpador.com/
O  APALPADOR!

Este ano todas as cartas que recibamos entrarán no Premio de Cartas ao Apalpador 2013. Só tendes que enviar a vosa carta ao apartado 7070 da Coruña. Valoraremos as máis inxeniosas, as mellor escritas e as que amosen valores naturais, sinceros e positivos.
Como non se trata dun concurso de misses, non vale pedir “… a paz no mundo”, “… que non haxa máis guerras”, “… a cura de todas as enfermidades” nin “… que o ano que vén me porte mellor…”. Todo isto está moi ben, pero ese desexo xa llo supomos a todos vós (e nós). Tampouco imos valorar os adornos das cartas, poden facerse, craro que si! Pero non se premiarán as mellor adornadas, ou por que sexan máis bonitas.
Tamén é importante pór a idade, pois clasificarémolas por tramos. O concurso está aberto a todo o mundo que lle escriba ao Apalpador, mais está destinado principalmente a estudantes de infantil, primaria e primeiro ciclo de ESO. Tamén poderán participar grupos cunha carta común; pensamos en aulas, asociacións, clubes, familias, ou mesmo unha panda de colegas.
O resultado do concurso darase a coñecer o 31 de decembro, na Noite do Apalpadoiro, a través deste sitio web: www.apalpador.com
Para pór no taboleiro de anuncios

Ningún comentario:

Publicar un comentario