O compañeiro Manuel Pérez presentou a experiencia do seu centro, cando chegou ao centro como profesor de E.F. chamoulle a atención o nome dos lugares da zona " Coutada do demo", " Camiño do alén" ... nomes un tanto extraños que decidiron investigar a través do alumnado e as súas familias, preguntaron a avós, bisavós, veciños e foron descubrindo que todos fan referencia a alguén que viviu alí e ás súas características persoais- típico en toda Galiza- e así foron conformando a historia de cada lugar que foi recollida no traballo que sobre toponimia está facendo o SNL do Concello de Vigo.
http://toponimiavigo.blogaliza.org/
Así mesmo no centro foise recuperando a Festa do Samaín cun concurso de cabazos adornados para a ocasión e que vai substituindo ao Hallowen.
Estas e outras experiencias dinamizadoras podedes ollalas no seguinte enderezo:
Ningún comentario:
Publicar un comentario