Desde o CEIP Igrexa-Candeán, presentáronnos " A largada da pomba" unha actividade de Dinamización e de Cultura pola Paz.
Según nos conta Nardo ( Bernardo Carpente) ten que haber un discurso, cunha reflexión sobre a cultura de Paz previo á largada. Un minuto de silencio polas guerras e o terrorismo.
As veces, alguén recolle a pomba e temos respostas ilusionadas, di. No ano 2000 contestaron desde O Carballiño e no 2001 desde Viseu, a 40 Qms. de O Porto. En ámbalas dúas ocasións propiciou o inicio de ilusionadas relacións entre colexios.
Presentouse como experiencia no ano 1999 nas Xornadas da Paz celebradas en Santiago. Resultou entrañable.
Construír a pomba leva unhas tres horas. Os materiais saen nuns 60 euros.
A experiencia consiste no seguinte:
Trátase dunha pomba en poliespán de dous metros de envergadura que, suspendida por tres enormes globos, elévase maxestuosamente mentres soa “O silencio” de Roi Etzel. Leva no seo mensaxes de paz elaborados no Obradoiro de Escrita( CFR. enlace)
Trátase dunha pomba en poliespán de dous metros de envergadura que, suspendida por tres enormes globos, elévase maxestuosamente mentres soa “O silencio” de Roi Etzel. Leva no seo mensaxes de paz elaborados no Obradoiro de Escrita( CFR. enlace)
Leva tamén unha carta para quen a apañar que di:
Está vostede en posesión da Pomba da Paz que, como cada ano, ceibamos no ...Pregámoslle teña a ben facela chegar ao colexio público máis próximo e lle entregar ao director/a do mesmo a carta adxunta.
Nela van as indicacións oportunas para reparar a viaxeira da paz e deixala en condicións que poida seguir o seu periplo.
Co noso agradecemento.
E outra para o/a director/a da escola pública máis próxima:
Somos o Colexio Público .... de Vigo que largou esta pomba coa mensaxe de Paz o 30 de Xaneiro de 2006, aniversario do pasamento de Gandhi.
Estaríamos encantados/as de lles botar unha man na súa reparación para que poida continuar viaxe.
Teléfono
Fax.
Graciñas, compañeiro/a
Asdo. Director/a
A reflexión que se saca desta experiencia:
Se fosemos mariñeiros procurariamos bancos de peixes; como somos mestras e mestres, buscamos bancos de palabras. Palabras pequenas e lixeiras que irán tomando peso. Palabras pequeniñas que serán palabras maiores.
Andabamos a buscar renovadas palabras para fermosas verdades aínda sen sitio nesta historia. Miramos na
axenda dos nosos días e apareceron entre a rapazada palabras de trigo limpo saborosas e quentes coma pans.
Palabras de cores afables, palabras sen retórica, palabras sinxelas. Palabras para trocar por outras sen perdelas.
Palabras para pedir perdón, para agradecer, para se rebelar...
A palabra como instrumento que recibimos e co que traballamos. Da cal somos amos, amas e escravos, escravas.
Amos, amas pois recreámola; escravos, escravas pois temos que nos ater ás regras que as constituíron a través do
tempo. A palabra achéganos a demais xente. A palabra. Andamos á procura de palabras que non leve o tempo.
Velaí unha receita para pedir a Paz, para cociñar a Gramática. Un método de creación e transformación de textos.
De pretextos. Un fío do que turrar para de textos, co que levar a tinta de paseo.
Se queredes saber máis desta experiencia podedes pinchar neste enlace:
http://ceesg.org/files/boa-practica/experiencia8.pdf?PHPSESSID=162679244e8718b764ec92f761c45c34
Ningún comentario:
Publicar un comentario