A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello deVigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
-
Percussões
É un obradoiro onde se descobren os puntos en común entre dúas culturas irmás: a brasileira ea galega. Música, fauna, tradicións, comidas típicas e outras curiosidades… fan que se esperte de maneira lúdica e interactiva o interese polas diversidades e ao mesmo tempo semellanzas de dous países que comparten a mesma lingua. Tamén imos facer algunha actividade musical en grupo para gozarmos da esencia dos ritmos afrobrasileiros.
O obxectivo é mostrar como os alumnos e alumnas por medio do galego poden aproximarse, relacionarse e entender perfectamente ese inmenso país que xa é a quinta economía do planeta e un referente político e cultural a nivel mundial.
Isto vai transformar a lingua galega nunha vantaxe e provocará un reforzo para o seu estatuto e o dos seus falantes dentro da aula e co profesorado. O relator usará un formato de lingua portuguesa próximo, en termos lexicais, ás falas galegas que os alumnos coñecen pasiva ou activamente. A metodoloxía do obradoiro será práctica, procurando unha alta implicación das rapazas e rapaces.
Quen o coordena?
Paulo Silva, Natural de Salvador da Bahia, Brasil, cursou estudos na Facultade de Música da Universidade Federal de Bahía (UFBA) durante once anos, catro deles cursando estudos superiores. Durante oito anos tocou como convidado na Banda de Música e a Orquestra Sinfónica da Universidade. Tamén ten unha ampla experiencia en música de cámara clásica e contemporánea. Na Galiza, onde vive desde fai catro anos ten colaborado ao lado de artistas como Xosé Manuel Budiño, Guadi Galego, Uxía Senlle, Sonia Lebedinsky, Carlos Blanco, Quico Cadaval, Antón Reixa, Sérgio Tannus, Narf, Fred Martins, Najla Shami, Mercedes Peón...
Duración:
50 minutos
Dirixido a:
alumnado de primaria (cursos: 1.º, 2.º e 3.º)
Lugar de realización da actividade:
no propio centro de ensino (espazo amplo e con boa acústica)
Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 8 de maio.
As solicitudes atenderanse por estrita orde de chegada o día 8 de maio a partir das 9:00 h e ata as 14:00 h
Solicitude de participación na actividade:
Percussões
para primaria (cursos: 1.º, 2.º e 3.º)
Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade.
Débese remitir a solicitude ao fax 986 22 06 78 o día 8 de maio a partir das 9:00 h e ata as 14:00 h
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro: _________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
Teléfono: ____________________________ Fax: ______________________________
Número máximo de participantes nun grupo: 40
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 16) para a participación na actividade:
______ 20 maio (luns), ás 9:30 h ______ 24 maio (venres), ás 9:30 h
______ 20 maio (luns), ás 12:30 h ______ 24 maio (venres), ás 12:30 h
______ 21 maio (martes), ás 9:30 h ______ 27 maio (luns), ás 9:30 h
______ 21 maio (martes), ás 12:30 h ______ 27 maio (luns), ás 12:30 h
______ 22 maio (mércores), ás 9:30 h ______ 28 maio (martes), ás 9:30 h
______ 22 maio (mércores), ás 12:30 h ______ 28 maio (martes), ás 12:30 h
______ 23 maio (xoves), ás 9:30 h ______ 29 maio (mércores), ás 9:30 h
______ 23 maio (xoves), ás 12:30 h ______ 29 maio (mércores), ás 12:30 h
Importante: a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por fax- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
Nome e apelidos da persoa que envía o fax: ___________________________________
Ningún comentario:
Publicar un comentario