Para rematar coas Xornadas contamos coa presenza de Brais, artífice de moitas das actividades que se levan a cabo nos centros de Vigo promovidas polo SNL do Concello. Comentounos a máxima de Xandobela e o seu traballo:
"Traballamos dende unha óptica innovadora contidos educativos e sociais de actualidade. Experimentamos con novas metodoloxías e estratexias de aprendizaxe fóra das habitualmente empregadas nos contextos de educación formal. Dinamizamos calquera contido e idea que ti desexes traballar."
Isto é o que fixo coa " Amiga Cantiga", as "Bibliotecas Vivintes" e outras actividades que leva polos centros. Falounos desde o punto de vista da educación informal e da súa experiencia nas nosas aulas como unha experiencia persoal moi positiva, e de que vendo como responde o noso alumnado e o entusiamo co que traballamos os Equipos de Normalización isto non esmolece. Unha visión esperanzadora, de certo.
Tamén nos fixo xogar e púxonos reunións de Normalización a todas horas e cambios de roles. Rematamos as Xornadas entre risas e esperanzados.
Se queredes máis información sobre o traballo de Xandobela aquí tendes o seu enderezo.
Reiteramos o noso agradecemento a tódol@s participantes nestas Xornadas de Dinamización e animámosvos a repetir en anos vindeiros.
CDEDLG de Vigo e bisbarra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario