sábado, 9 de marzo de 2013

PARTICIPADE NO PREMIO LEIXAPRÉN



Prezados/as amigos/as,
A CGENDL convoca o  premio Leixaprén de recoñecemento á defensa e promoción da lingua galega, unha actividade aberta á participación de todos os Equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino.
Nas bases que enviamos no documento anexo e que podedes consultar en http://coordinadoraendl.org/premioleixapren/index.php, establécese que os destinatarios do premio serán persoas, entidades ou institucións que se caractericen por unha defensa activa da lingua galega en diferentes ámbitos de actuación. O Comité de Selección orientou o galardón nesta edición cara ao Ámbito do Deporte, unha das manifestacións sociais máis recoñecidas e tamén máis influíntes na conformación de modelos de comportamento. O compromiso lingüístico dos deportistas galegos e galegas merece premio. As candidaturas preseleccionadas son:
  • Gustavo César Veloso.
  • Javier Gómez Noya.
  • Pilar Neira Martínez.
  • Verónica Boquete.
Na páxina referida podedes acceder ao perfil destas empresas. O prazo de votación remata o 25 de abril e farase a través de http://www.coordinadoraendl.org/premioleixapren  e da persoa que coordine o Equipo do voso centro, que deberá utilizar o enderezo electrónico que deu para adscribirse á CGENDL. Para resolver calquera problema ou facer as vosas consultas podedes dirixirvos a correo@coordinadoraendl.org .
Dende a CGENDL animámosvos a participar nesta iniciativa proactiva que procura apoiar publicamente a aposta decidida que polo idioma fan día a día persoas, institucións, colectivos e empresas no seo da sociedade.
Saúdos normalizadores
CGENDL

Ningún comentario:

Publicar un comentario