https://dl-web.dropbox.com/get/Public/1-NON%20SO%20LINGUA.pdf?w=AACe6WCdHg0vV_MmJY9maMoS9iPxDCVChQF2qBmPGljzMA
COORDINADORA COMARCAL AURIA
“Non ensinar o galego, senón falar
en galego: ese é o gran labor de toda a sociedade”
Xaquín Lorenzo Fdez. “Xocas”
Ven falando ...
Xogando coa fala ...
Xogando a falar…
Falamos?
Coleccionando palabras…
LEDICIA
:Estado de ánimo ou sentimento de pracer que produce un suceso favorable; é sinónimo de alegría, dita, felicidade segundo o Dicionario da Real Academia . E neste intre a ledicia inunda aos membros da que formamos parte da Coordinadora AURIA ao poder compartir convosco as nosas inquedanzas.
Poderse expresar en diferentes linguas abre as portas a unha mellor comprensión e entendemento.
Sabías que…
… as persoas que saben galego pódense
comunicar facilmente con 280 millóns de persoas de lingua portuguesa (de Portugal, de Brasil, de Angola, de Mozambique, etc.) Isto fai que as posibilidades profesionais para traballar con persoas destes países se amplíen notablemente (médic@s, enxeñeir@s, empresari@s…)
…
aos nenos e ás nenas que aprenden de pequenos dúas linguas (galego e castelán, por exemplo) despois resúltalles moito máis fácil aprender outras (inglés, francés, alemán…)
…
os bilingües teñen unha maior destreza en capacidades cognitivas e neurolingüísticas.
… o bilingüismo,
non só desenvolve mellores habilidades nas materias de lingua senón que reforza a capacidade de simbolización e de abstracción, polo que tamén favorece a adquisición de contidos relacionados, por exemplo, coas matemáticas ou coa plástica .
… a grande maioría dos estados do mundo
ofrece algunha modalidade de educación bilingüe: Canadá, Finlandia, Suecia, Reino Unido, Italia, EEUU, Alemaña, Bélxica, Holanda, China, …
… o
plurilingüismo é o camiño para salvagardar a diversidade cultural, e debe ser unha esixencia e unha aspiración para todas as persoas. As habilidades lingüísticas plurilingües teñen un valor práctico inmediato .
Traballando por e para a nosa lingua
LEDICIA
O día 30 de xaneiro de 2013 naceu co nome de
AURIA a Coordinadora Comarcal de Equipos de Normalización de Ourense integrada na Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.
O seu obxectivo é unir esforzos co gallo de acadar unha maior efectividade no eido da normalización da nosa lingua. O traballo verase reflectido en:
1.
– NON SÓ LINGUA
Boletín trimestral informativo para facelo chegar ás casas e ao profesorado, contendo artigos de lingua, orientación escolar, sociolingüística,...
2.
– AURIA OURENSE
http://www.auriaourense.blogspot.com.es/
Blogue da Coordinadora onde se colgarán actividades conxuntas (boletíns, programas radio...), e outras que cada centro queira compartir
.
3.
– Normalización do entorno dos centros educativos.
COORDINADORA COMARCAL AURIA
e-
mail: ……………………….
Boletín Informativo
Nº 1
Marzo 2013
Ningún comentario:
Publicar un comentario