sábado, 21 de abril de 2012

QUE PLURILINGUISMO QUEREMOS?

Estimados/as amigos/as:
Presentámosvos un argumentario para que poidades coñecer a  postura da Coordinadora Galega de ENDL a respecto dos centros plurilingües que está a implantar a Consellería de Educación  desde o curso pasado. Pensamos que este material pode ser moi interesante para distribuír entre o profesorado dos centros, que nestes días terán claustros e consellos escolares para debater e/ou votar sobre o tema.
A implantación de centros plurilingües é a aplicación concreta do decreto do 79/2010 , que, como ben sabedes, persegue a marxinalidade do galego no sistema educativo. Aínda que poida parecer inocente e insignificante que se implante un centro plurilingüe cunha soa materia en inglés, iso é o comezo para desenvolver plenamente o decreto e implantar até o 33 % das materias nesa lingua, reducindo aínda máis o espazo para o galego. Unha vez que se implanta nin os Equipos Directivos, nin os claustros, nin os consellos escolares, poden impedir o seu avance, só é preciso que haxa profesorado con B2 en inglés que o demande para logo acceder ao concurso paralelo privilixiado, para que tal ou cal materia até o 33% poida impartirse en inglés. Unha vez que un centro se converte en plurilingüe está a aceptar os principios establecidos no decreto 79/2010 e a súa aplicación. Así pois, que non avance este plano de marxinalización da nosa lingua depende de todos e todas nós.
Tamén vos achegamos cal sería para a CGENDL unha posible alternativa a estes centros plurilingües:  o Tratamento Integrado de Linguas (TIL) . Tedes toda a información resumida no documento que vos achegamos como anexo e máis información na seguinte ligazón:  http://www.coordinadoraendl.org/plurilinguismo/index.html
Recibide un cordial saúdo
Coordinadora Galega de ENDL

TEXTO http://dl.dropbox.com/u/22728933/QUE%20PLURILING%C3%9CISMO%20QUEREMOS.pdf

Ningún comentario:

Publicar un comentario