domingo, 15 de abril de 2012

PREMIO LEIXAPRÉN

A CGENDL convoca o  premio Leixaprén de recoñecemento á defensa e promoción da lingua galega , unha actividade aberta á participación de todos os Equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino.
Nas bases que enviamos no documento anexo e que podedes consultar en  http://www.coordinadoraendl.org/premioleixapren , establécese que os destinatarios do premio serán persoas, entidades ou institucións que se caractericen por unha defensa activa da lingua galega en diferentes ámbitos de actuación. O Comité de Selección orientou o galardón nesta edición cara ao Ámbito Económico e Empresarial en consonancia co perfil profesional de Valentín Paz-Andrade e coa iniciativa "Empresa en Galego" que lanzou a CGENDL:  http://www.coordinadoraendl.org/empresaengalego . As candidaturas preseleccionadas son:
Na páxina referida podedes acceder ao perfil destas empresas. O prazo de votación remata o 17 de maio e farase a través de  http://www.coordinadoraendl.org/premioleixapren/  e da persoa que coordine o Equipo do voso centro, que deberá utilizar o enderezo electrónico que deu para adscribirse á CGENDL. Para resolver calquera problema ou facer as vosas consultas podedes dirixirvos a  correo@coordinadoraendl.org .
Dende a CGENGL animámosvos a participar nesta iniciativa proactiva que procura apoiar publicamente a aposta decidida que polo idioma fan día a día persoas, institucións, colectivos e empresas no seo da sociedade.
Saúdos normalizadores
CGENDL

Ningún comentario:

Publicar un comentario