Comunicámosvos que a Secretaría Xeral de Política Lingüística está enviando aos centros educativos os materiais do Concurso-Exposición Letras Galegas 2012. Advertimos de que nalgunhas cartas que acompañan o material figura, indebidamente, como autor do traballo “Colleita do 1898” o IES Ánxel Fole, cando a autoría corresponde ao IES Xoán Montes.
Nos vindeiros días poñeremos tamén á vosa disposición no web da Secretaría os carteis e guías gañadores, así como outros recursos e materiais elaborados por diferentes centros educativos.
Achegamos, ademais, información de dous concursos:
· Información xeral e bases de Lingua de namorar, concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de entre 14 e 35 anos, organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude con motivo do 17 de maio, Día das Letras Galegas. Achegamos información e bases.
· Bases da nova edición do Certame de Cinema escolar OUFF Escola que a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Ourense, o Consorcio do Festival de Cine e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, organizan por cuarto ano consecutivo.
AQUÍ VOS DEIXO OS ENLACES AOS CARTACES E ÁS BASES DOS CONCURSOS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario