domingo, 15 de abril de 2012

ACTIVIDADE: CONTOS DO MEDIO.

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Contos do medio

Ao comezo da actividade haberá un pequeno preámbulo cuxos contidos serán os contos, a lingua e o medio.
A temáticas dos contos céntrase nos bosques, nos ríos, no mar, nas árbores, na fauna e na flora; así, aproximarémonos a estes ecosistemas na procura de os coñecermos un pouco mellor, fomentarmos a visibilidade da súa diversidade, entendermos a nosa relación e as obrigas de todas e todos nós con eles.
Interpretaremos un ou dous contos cuxa base será a oralidade.
Ao cabo, tiraremos conclusións. Aprenderán a nomear certas árbores, animais e plantas da costa e do interior; ríos, illas, cuxos exemplos terán perto pois necesitan saber que aquilo que se nomea é ou pode ser coñecido no seu territorio; procuraremos, así afastármonos da idea de que o medio se atopa lonxe de nós.
Pechará a actividade o traballo coas láminas. Atendendo a que esta parte, por si propia, tería contido abondo para se desenvolver nun espazo dunha hora, explicaremos como se realiza e como poderán seguir traballando con elas, o profesorado e alumnado, posteriormente.
Duración: 1 hora
Dirixido a: alumnado de infantil, 4 e 5 anos
Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino
Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 20 de abril.
As solicitudes atenderanse por estrita orde de chegada o día 20 de abril.
Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.org/

Ningún comentario:

Publicar un comentario