mércores, 22 de maio de 2013

FESTA DAS LETRAS FLORIDAS

Domingo día 26 de maio
Cento cincuenta anos da publicación de
Cantares gallegos na rúa Real
Festa das letras floridas
no barrio de Rosalía
-De 8 a 12.
Factura da Alfombra floral.
Desde a praza de Almeida pola Rúa Real abaixo, ata onde dean os recursos florais, mínimo ata a placa existente.
-De 11 a 12.
Poetas recitan no medio da rúa, da xente e das flores.
-De 12 a 13.
Na praza da Constitución, Baile, música, pandeireta... animación sociocultural.
-Ás 13.
Na praza de Almeida, alocución dos representantes das entidades organizadoras.
A continuación, Coro dos Cantares do Brión e Orfeón Mariñeiro do Berbés.
-Ás 14.
Himno galego diante da casa coa placa de Rosalía e Cantares.

Fundación Rosalía de Castro
Concello de Vigo
Asociación veciñal e cultural do Casco Vello
Federación de asociación veciñais de Vigo “Eduardo Chao”
DAG Asociación galega de deseñadores

sábado, 11 de maio de 2013

VIDEOFORUM SOBRE ROBERTO VIDAL BOLAÑO

O 21 e 23 de maio, no Auditorio municipal do Concello deVigo,
praza do Rei, número 1

Moderado pola actriz: Uxía Blanco
19:00 h: apertura de portas
19:15 h: inicio: presentación da obra/vida de Vidal Bolaño
19:30 h: proxección película (de balde)
día 21: Sempre Xonxa (114 min)
día 23: A lingua das bolboretas (95 min)
21:30 h : coloquio

ESCRITA CREATIVA

A Concellaría
de Normalización Lingüística organiza o obradoiro
ESCRITA
CREATIVA
DATAS
Luns 20 e martes 21 de maio
HORARIO
de 17:00 a 19:00 h
LUGAR
IME
(camiño do Chouzo, 2)
INSCRICIÓN
986 81 02 81
(de 9:00 a 14:00h)
Obradoiro gratuito impartido polo escritor
Francisco Castro

UN CHAPEU NEGRO E UN NARIZ DE PALLASO

Na Editorial Galaxia veñen de publicar un libro+DVD sobre Roberto Vidal Bolaño a quen este ano se lle dedican as Letras.

Titúlase: Un chapeu negro e un nariz de pallaso da autoría de Montse Pena e Enrique Veloso. O libro é unha achega á biografía profesional do homenaxeado e o DVD, cunha duración aproximada de 30 minutos, contén imaxes do propio Bolaño actuando e comentarios sobre a súa persoa da xente que o tratou (familia, amigos e compañeiros de profesión).

O conxunto resulta un excelente material para traballar con este autor a un prezo de venda ó público de 15 euros.
Mais información aquí:


xoves, 9 de maio de 2013

BOLAÑO: ACTIVIDADES PARA O 3º CICLO DE PRIMARIA.

http://coordinadoraendl.org/letras2013/material/caderno_ciclo_3_ep.pdf

BOLAÑO: ACTIVIDADES PARA O 2º CICLO DE PRIMARIA

http://coordinadoraendl.org/letras2013/material/caderno_ciclo_2_ep.pdf

BOLAÑO: ACTIVIDADES PARA O PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA.

http://coordinadoraendl.org/letras2013/material/caderno_ciclo_1_ep.pdf

BOLAÑO: ACTIVIDADES PARA INFANTIL

ROBERTO VIDAL BOLAÑO. SEMINARIO GALÁN. ACTIVIDADES.

Roberto Vidal Bolaño é un dos promotores do teatro profesional en Galicia. Foi un activo defensor da normalización lingüística na escena galega. Integrante do Grupo Abrente, participou na fundación de varios grupos de teatro, participando neles como autor, director, actor, escenógrafo... sendo recoñecido o seu labor con numerosos premios literarios.


TELEXORNAL VIDAL BOLAÑO

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

A CGENDL pon á disposición da comunidade escolar unha páxina web monográfica sobre Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2013:
Este especial compila recursos didácticos como actividades para imprimir e en liña, información en diferentes soportes, exposicións, xogos, experiencias en centros, etc. elaborados por docentes, ENDL e outros grupos de traballo, institucións, asociacións, etc. Con esta páxina pretendemos facilitar un ano máis o voso labor nos centros educativos; por iso, agarda polos vosos traballos, ideas e experiencias para partillar co resto do profesorado e as familias: correo@coordinadoraendl.org.
Co mesmo obxectivo, comprácenos darvos a coñecer o proxecto Enredamos, unha compilación moi completa de xogos populares organizada segundo unha clasificación moi clara a través de fichas descritivas, vídeos-demostración, ligazóns, etc.: http://enredoscampolongo.blogspot.com.es. O traballo está coordinado polo mestre Antonio Ferrer Moreira (CEIP Campolongo – Pontevedra) e podedes colaborar nel dirixíndovos a enredoscampolongo@gmail.com.
Dende a CGENDL animámosvos a participar nestas iniciativas e nesta rede colaborativa que construímos entre todos/as co voso traballo e o voso compromiso coa lingua e a formación do noso alumnado.

OBRADOIRO DE ESCRITA CREATIVA

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza un Obradoiro de escrita creativa.
DATAS:
Luns 13 e martes 14 de Maio.
LUGAR:
Biblioteca Xosé Neira Vilas ( Martínez Garrido, 21)
HORARIO:
de 18/30 a 20/30
INSCRICIÓN:
986810281 ( de 9/00 a 14/00 horas)
OBRADOIRO IMPARTIDO POLO ESCRITOR FRANCISCO CASTRO.

domingo, 5 de maio de 2013

CONCURSO FOTOGRÁFICO E DE MENSAXES DE WHATSAPP

No marco do programa Alumea a túa lingua! maratón de actividades para celebrarmos a publicación de Cantares Gallegos, en Vigo hai 150 anos, as concellarías de Xuventude e Normalización Lingüística covocan un concurso fotográfico e de mensaxes de whatsapp.
Estes concursos teñen como temática a obra Cantares Gallegos, e están dirixidos a aquelas persoas empadroadas en Vigo que naceren ben entre 1996-1998 (ambos inclusives) ben entre 1983-1995 (ambos inclusives)
O prazo para enviar mensaxes ou fotografías comeza o día 6/05 ás 10:00 h e remata o 12/05 ás 22:00 h.
Establécense 3 premios por categoría.
As bases de senllos concursos poden consultarse na páxina web da Concellaría de Xuventude: www.xuventudevigo.org

PERCUSSOES

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello deVigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
-
Percussões

É un obradoiro onde se descobren os puntos en común entre dúas culturas irmás: a brasileira ea galega. Música, fauna, tradicións, comidas típicas e outras curiosidades… fan que se esperte de maneira lúdica e interactiva o interese polas diversidades e ao mesmo tempo semellanzas de dous países que comparten a mesma lingua. Tamén imos facer algunha actividade musical en grupo para gozarmos da esencia dos ritmos afrobrasileiros.
O obxectivo é mostrar como os alumnos e alumnas por medio do galego poden aproximarse, relacionarse e entender perfectamente ese inmenso país que xa é a quinta economía do planeta e un referente político e cultural a nivel mundial.
Isto vai transformar a lingua galega nunha vantaxe e provocará un reforzo para o seu estatuto e o dos seus falantes dentro da aula e co profesorado. O relator usará un formato de lingua portuguesa próximo, en termos lexicais, ás falas galegas que os alumnos coñecen pasiva ou activamente. A metodoloxía do obradoiro será práctica, procurando unha alta implicación das rapazas e rapaces.
Quen o coordena?
Paulo Silva, Natural de Salvador da Bahia, Brasil, cursou estudos na Facultade de Música da Universidade Federal de Bahía (UFBA) durante once anos, catro deles cursando estudos superiores. Durante oito anos tocou como convidado na Banda de Música e a Orquestra Sinfónica da Universidade. Tamén ten unha ampla experiencia en música de cámara clásica e contemporánea. Na Galiza, onde vive desde fai catro anos ten colaborado ao lado de artistas como Xosé Manuel Budiño, Guadi Galego, Uxía Senlle, Sonia Lebedinsky, Carlos Blanco, Quico Cadaval, Antón Reixa, Sérgio Tannus, Narf, Fred Martins, Najla Shami, Mercedes Peón...
Duración:
50 minutos
Dirixido a:
alumnado de primaria (cursos: 1.º, 2.º e 3.º)
Lugar de realización da actividade:
no propio centro de ensino (espazo amplo e con boa acústica)
Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 8 de maio.
As solicitudes atenderanse por estrita orde de chegada o día 8 de maio a partir das 9:00 h e ata as 14:00 h

Solicitude de participación na actividade:
Percussões
para primaria (cursos: 1.º, 2.º e 3.º)
Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade.
Débese remitir a solicitude ao fax 986 22 06 78 o día 8 de maio a partir das 9:00 h e ata as 14:00 h
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro: _________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
Teléfono: ____________________________ Fax: ______________________________
Número máximo de participantes nun grupo: 40
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 16) para a participación na actividade:
______ 20 maio (luns), ás 9:30 h ______ 24 maio (venres), ás 9:30 h
______ 20 maio (luns), ás 12:30 h ______ 24 maio (venres), ás 12:30 h
______ 21 maio (martes), ás 9:30 h ______ 27 maio (luns), ás 9:30 h
______ 21 maio (martes), ás 12:30 h ______ 27 maio (luns), ás 12:30 h
______ 22 maio (mércores), ás 9:30 h ______ 28 maio (martes), ás 9:30 h
______ 22 maio (mércores), ás 12:30 h ______ 28 maio (martes), ás 12:30 h
______ 23 maio (xoves), ás 9:30 h ______ 29 maio (mércores), ás 9:30 h
______ 23 maio (xoves), ás 12:30 h ______ 29 maio (mércores), ás 12:30 h
Importante: a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por fax- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
Nome e apelidos da persoa que envía o fax: ___________________________________

BRAIS FERNÁNDEZ ( XANDOBELA): TÉCNICAS DE DINAMIZACIÓN.

Para rematar coas Xornadas contamos coa presenza de Brais, artífice de moitas das actividades que se levan a cabo nos centros de Vigo promovidas polo SNL do Concello. Comentounos a máxima de Xandobela e o seu traballo:
"Traballamos dende unha óptica innovadora contidos educativos e sociais de actualidade. Experimentamos con novas metodoloxías e estratexias de aprendizaxe fóra das habitualmente empregadas nos contextos de educación formal. Dinamizamos calquera contido e idea que ti desexes traballar."
Isto é o que fixo coa " Amiga Cantiga", as "Bibliotecas Vivintes" e outras actividades que leva polos centros. Falounos desde o punto de vista da educación informal e da súa experiencia nas nosas aulas como unha experiencia persoal moi positiva, e de que vendo como responde o noso alumnado e o entusiamo co que traballamos os Equipos de Normalización isto non esmolece. Unha visión esperanzadora, de certo.
Tamén nos fixo xogar e púxonos reunións de Normalización a todas horas e cambios de roles. Rematamos as Xornadas entre risas e esperanzados.
Se queredes máis información sobre o traballo de Xandobela aquí tendes o seu enderezo.

Reiteramos o noso agradecemento a tódol@s participantes nestas Xornadas de Dinamización e animámosvos a repetir en anos vindeiros.

CDEDLG de Vigo e bisbarra.

ROSALÍA MUSICADA

Desde o CEIP Ría de Vigo, Carme González presentounos unha experiencia do seu alumnado que adicaron un concerto de poemas musicados de Rosalía de Castro por aulas.
Asi mesmo, transmitiunos unha experiencia que se fai en vacacións! nos derradeiros días de Xuño é que é levar a biblioteca á praia, os nenos e nenas do centro colocan mesas con libros na praia e fan préstamos de lecturas en galego aos veraneantes para que lean mentres disfrutan do sol, unha experiencia sorprendente para os bañistas e unha impronta para os pequenos que disfrutan dos seus principios de vacacións animando á lectura en galego.
Teñen tamén neste centro un ANPA moi colaborativo que ten un blogue moi interesante e premio edublogs 2013.

Aquí vos deixo os enderezos.

UNHA EXPERIENCIA AUDIOVISUAL: A TV DO IES DE BEADE

Xosé María Moreno, artífice da TV do IES Beade expricounos o funcionamento da TV que se realiza por parte do alumnado do centro, crean as novas, as editan, fan entrevistas e publican.
Así mesmo ensinounos unha serie de estratexias para utilizar as TICS como elemento de dinamización. Coñecemos programas como Openshot para editar videos, www.ted.com para traducir textos do inglés ao galego de entrevistas interesantes nos eidos científico e cultural, e amosunos o traballo que fai co seu alumnado amosándonos cómo realizalo e que podedes visualizar neste enderezo.
.http://iesbeadetv.wordpress.com/
Aconsellámosvos que vexades o I Festival de curtametraxes realizadas polo alumnado.