Vaioviravai, teatro musical
para a xuventude máis viaxeira
|
|
|
A partires dos contidos e valores
que transmite o seu primeiro libro disco, As
andanzas de Paio, o grupo vigués Oviravai
creou a peza de teatro musical infantil Vaioviravai,
que dende a súa estrea o pasado mes de abril non deixou de
colleitar éxitos, colgando o cartel de "Aforo completo"
en Ourense, Vigo e Bos Aires, entre outras moitas localidades.
|
|
|
Vaioviravai é unha obra de teatro
musical protagonizada por tres divertidas personaxes -Roni, Kiki e
Chamuco- que, xunto a Paio, interpretan as cancións do libro disco
en lingua galega fiándoas cunha divertida trama coa
que conquistan os espectadores e as espectadoras máis novas.
A nave soñadora Oviravai
prepara unha nova viaxe para levar a alegría a todos os lugares
ameazados pola tristura e o aburrimento. Para esa nova
aventura, precisa un novo membro. Despois de moitas probas,
Kiki e Chamuco son os finalistas. Cal dos dous será o escollido?
|
|
|
|
As andanzas de Paio é o primeiro traballo de Oviravai,
un libro CD que forma parte da colección Sonárbore da Editorial
Galaxia no que se traballan diversos temas incluídos no currículo
escolar como as cores, as estacións, lingua estranxeira, as vogais,
os animais, etc., pero tamén presta especial atención á transmisión
de valores sociais como a amizade, a solidariedade, o traballo en
equipo ou o coidado do planeta.
As súas aventuras están protagonizadas Paio, un teixugo viaxeiro que
percorre medio mundo vivindo as máis emocionantes aventuras. Paio
relata en foma de cancións e historias as súas andanzas por lugares
tan remotos como Madagascar, Canadá, China ou o mesmo fondo do
océano, onde coñece a unha boa morea de novos amigos. De regreso á
granxa na que se atopa a súa teixugueira, cóntalles e cántalles a
todos os animais as peripecias que vén de experimentar na súa
particular andaina.
|
|
Queres que Oviravai visite o teu colexio?
|
|
|
Ofrecémosche a posibilidade de
levar esta divertida a didáctiva actividade ata o teu centro de
ensino, cun elenco de tres
artistas (Roni, Kiki e Chamuco) mais o personal técnico.
A música é en directo e dispoñemos de todos os equipamentos
necesarios para o desenvolvemento do espectáculo.
Prezo:
400€ + IVE
Contacta con nós para obter máis información!
|
|
|
|
|
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario