A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización
Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego
dirixida á poboación escolar.
- Obradoiro ciencias: Elaboración
de sales de baño
O romeu, a
herba cidreira, a lavanda, o cravo, a canela, o sal ou a reladura de limón
adéntrannos no campo dos aromas e métodos beneficiosos para o coidado da pel e
o acougo do corpo. O obradoiro de sales de baño permítenos, ademais da súa elaboración,
a fixación do léxico das especias e das herbas aromáticas.
Duración: 1 hora
Dirixido a: alumnado de 5.º e 6.º de primaria
Lugar de realización da actividade: no propio centro
de ensino.
Para calquera dúbida sobre este actividade, poden poñerse en
contacto con Marcelo Rodríguez 686 99 87 06
Para
solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega,
o día 14 de novembro ao correo electrónico
actividades.snl@vigo.org
As
solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de
chegada o día 14 de novembro a partir das 9:30 e até as 14:00
Amais: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos
centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o pasado curso
escolar.
Solicitude de participación
na actividade:
Elaboración de de sales de baño para
5.º e 6.º de primaria
Cubrirase unha ficha por
cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a
solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 14 de novembro
a partir das 9:30 e até as 14:00
Importante: non
se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é
obrigatorio cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro:
_________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto:
______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a
titor/a do grupo que desenvolve a actividade-
Teléfono: ____________________________
Número máximo de participantes
nun grupo: 30
Non marquen os días nos
que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder
recibila, non se facilitará outra data.
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 8) para a
participación na actividade:
______ 21 novembro (luns) 9:30 ______ 23 novembro
(mércores) 9:30
______ 21 novembro (luns) 12:00 ______ 23 novembro
(mércores) 12:00
______ 22 novembro (martes) 9:30 ______ 24 novembro (xoves)
9:30
______ 22 novembro (martes) 12:00 ______ 24 novembro (xoves)
12:00
Importante: a Concellería de Normalización
Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s
admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
Ningún comentario:
Publicar un comentario