mércores, 26 de outubro de 2016

OBRADOIRO: PROXECTO VIGO LITERARIO

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Obradoiros literarios Proxecto Vigo Literario
Vigo tivo e ten unha presenza destacada na literatura galega e na literatura noutras linguas. A cidade foi, e ségueo a ser, referida nas páxinas do mellor da nosa literatura. Na obra de escritores e escritoras como Cunqueiro, Méndez Ferrín, Domingo Villar, Cid Cabido, M.ª Xosé Queizán, Rexina Vega, Vigo adquire, como territorio narrativo, un valor propio. Houbo tamén autores noutras linguas como Torrente Ballester, Jules Verne,  Ernest Heminway, Fialho de Almeida que narraron Vigo.

O proxecto Vigo e Literatura pretende mostrar Vigo como espazo literario e como recurso educativo. Entendemos que un proxecto destas características pode servir para facer visíbel a obra de autores e autoras galegos, que non sempre atopan espazo nos medios de comunicación social. Este proxecto debe servir, tamén, para dar a coñecer a propia cidade e a súa historia aos seus habitantes, os vigueses e as viguesas.

O obradoiro inclúe unha breve introdución centrada na presenza de Vigo na literatura galega e outras literaturas, como a española, portuguesa, inglesa. Trataranse cuestións como a evolución urbana e social da cidade, como nos ollan desde fóra.
Haberá unha outra parte do obradoiro cunha dinámica participativa. Valéndonos de fragmentos de obras literarias de diferentes épocas, e que teñan como marco diferentes espazos de Vigo, trataremos de que o alumnado sexa quen de os identificar sobre cartografía e imaxes da cidade. Utilizaríamos ferramentas dixitais para a confección de mapas interactivos, como Ikimap.

Duración: 1 hora e 30 minutos
Dirixido a: alumnado de 3.º, 4.º ESO e 1.º, 2.º Bacharaleto
Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino
Necesidades técnicas da actividade: aula de informática, proxector de vídeo

Para calquera dúbida sobre o desenvolvemento da actividade poden consultar con Paulo Jablonski 666 93 43 47


Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 4 de novembro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org a partir das 9:30 e até as 14:00



Amais: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o pasado curso escolar.



Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.org / facebook: vigo en galego
Solicitude de participación na actividade:
Obradoiros literarios Proxecto Vigo Literario
para 3.º, 4.º ESO e 1.º, 2.º Bacharaleto
Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 4 de novembro a partir das 9:30 e até as 14:00

Importante:         non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-

Teléfono de contacto: __________________

Número máximo de participantes nun grupo: 25

Hai que indicar a preferencia (de 1 a 18) para a participación na actividade.

Non marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.

_____ 14 novembro (luns) 9:30                            _____ 18 novembro (venres) 12:30
_____ 14 novembro (luns) 12:30                          _____ 21 novembro (luns) 9:30
_____ 15 novembro (martes) 9:30                        _____ 21 novembro (luns) 12:30
_____ 15 novembro (martes) 12:30                     _____ 22 novembro (martes) 9:30
_____ 16 novembro (mércores) 9:30                   _____ 22 novembro (martes) 12:30
_____ 16 novembro (mércores) 12:30                 _____ 23 novembro (mércores) 9:30
_____ 17 novembro (xoves) 9:30                         _____ 23 novembro (mércores) 12:30
_____ 17 novembro (xoves) 12:30                       _____ 24 novembro (xoves) 9:30
_____ 18 novembro (venres) 9:30                        _____ 24 novembro (xoves) 12:30

Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

Ningún comentario:

Publicar un comentario