| 
       
        | 
         
          | 
           
            |  |  
            | 
Nun
            lugar chamado GuerraSierra i Fabra, Jordi
 
 Unha
            novela sobre a amizade, pero tamén unha descarnada mostra de cómo
            viven na actualidade millóns de rapaces e rapazas víctimas da
            guerra e dos éxodos masivos.
 
 Néstor Pujalte, xornalista de vintecatro anos, é enviado a informar
            sobre a guerra que ten lugar na república exsoviética de
            Tudzbestán. Alí coñece a Milo, un rapaz que lle serve de intérprete
            e co cal establece unha relación de utilización mutua que acabará
            converténdose nunha verdadeira amizade.
 |  |  |  | 
       
        | 
         
          | 
           
            |  |  
            | 
As
            rulas de BakuninRiveiro Coello, Antón
 
 Unha novela histórica magnificamente narrada con 6
            edicións vendidas.
 
 As rulas de
            Bakunin nace do gromo da sensibilidade dos derrotados e
            os perdedores. Antón Riveiro Coello, un dos escritores galegos
            actuais de meirande pulo narrativo, fai con esta novela un acto
            restitutorio e tamén de rebeldía. Recuperar a memoria dos heroes
            silenciosos que loitaron pola liberdade: velaquí a vida de Camilio
            Sabio Doldán, un vello anarquista case centenario que viviu a
            guerra, o cárcere e o exilio. O temor intenso das paisaxes do
            pasado nunha novela que conmove e impresiona.
 |  |  |  | 
       
        | 
         
          | 
           
            |  |  
            | 
Ruído. Relatos de
            guerraMurado, Miguel Anxo
 
 Un libro
            sobre a guerra e o seus desastres froito da estadía do autor na
            ex-Iugoslavia en 1991 e 1994
 
 Este libro trata sobre a guerra e sobre o comportamento das persoas
            en situacións límites. Os contos que forman este volume naceron das
            vivencias persoais de Miguel Anxo Murado no conflicto bélico que
            destrúe a antiga Iugoslavia, lugar no que o autor estivo a
            traballar como corresponsal de guerra. Esa experiencia é narrada
            aquí dende unha sobriedade expresiva que realza o horror esencial
            dos feitos.
 |  |  |  | 
Ningún comentario:
Publicar un comentario