Escribide as vosas cartas!
O Apalpador
Apdo. 7070
15002 A Coruña
Outro ano máis, todas as
cartas que recibamos entrarán no Premio de Cartas ao Apalpador. Só tendes que
enviar a vosa carta ao apartado 7070 da Coruña. Valoraremos as máis inxeniosas,
as mellor escritas e as que amosen valores naturais, sinceros e positivos.
Como non se trata dun
concurso de misses, non vale pedir
«… a paz no mundo»,
«… que non haxa máis
guerras»,
«… a cura de todas as
enfermidades»
nin «… que o ano que vén me
porte mellor…».
Todo isto está moi ben, pero
ese desexo xa llo supomos a todos vós (e nós).
Tampouco imos valorar os
adornos das cartas, poden facerse, craro que si! Pero non se premiarán as
mellor adornadas, ou por que sexan máis bonitas.
Tamén é importante pór a
idade, pois clasificarémolas por tramos.
O concurso está aberto a
todo o mundo que lle escriba ao Apalpador, mais está destinado principalmente a
estudantes de infantil, primaria e primeiro ciclo de ESO.
Tamén poderán participar
grupos cunha carta común; pensamos en aulas, asociacións, clubes, familias, ou
mesmo unha panda de colegas.
As gañadoras ou gañadores
saberánse logo do 31 de decembro, Noite do Apalpadoiro, a través deste sitio
web: www.apalpador.gal ou www.apalpador.com
Se alguén quere escribilas
no noso papel de carta ao Apalpador non teñen máis que pórse en contacto
connosco para facerllo chegar, son de balde, só hay que facernos chegar o
importe do envío.
Ningún comentario:
Publicar un comentario