luns, 23 de novembro de 2015

OBRADOIRO DE REGUEIFA PARA PRIMARIA

Á atención do Equipo de Dinamización Lingüística

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Obradoiro de regueifa para primaria

Achegamento á improvisación oral, ao ritmo, rima, aos xogos de palabras... a través da regueifa de man de Luís O'Caruncho e Pinto de Herbón.

Duración: 1 hora e 30 minutos

Dirixido a: alumnado de 6.º de primaria

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino

Necesidades do profesorado do obradoiro: unha pizarra ou veleda

Para calquera dúbida sobre esta actividade poden poñerse en contacto con Carlos Alonso 986 46 70 53

Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 26 de novembro ao correo electrónico  actividades.snl@vigo.org
As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 26 de novembro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h

Na reunión de equipos de dinamización e normalización lingüística que tivo lugar o pasado martes 29 de setembro de 2015, acordouse o seguinte verbo da adxudicación das actividades programadas polo SNL.
"Os centros que asisten ás xuntanzas de coordinación e solicitan as actividades conforme co horario establecido na solicitude, terán PREFERENCIA sobre o resto dos centros á hora de se adxudicaren as actividades".

Amais: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o pasado curso escolar.


Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.org / facebook: vigo en galego
Solicitude de participación na actividade:
Obradoiro de regueifa para 6.º de primaria

Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 26 de novembro a partir das 9:30 e até as 14:00

Importante:   non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-

Teléfono: ____________________________

Número máximo de participantes nun grupo: 50

Hai que indicar a preferencia (de 1 a 14) para a participación na actividade:

Non marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.

______ 30 novembro (luns) 9:30                          ______ 9 decembro (mércores) 9:30
______ 30 novembro (luns) 12:00                       ______ 9 decembro (mércores) 12:00
______ 1 decembro (martes) 9:30                        ______ 11 decembro (venres) 9:30
______ 1 decembro (martes) 12:00                      ______ 11 decembro (venres) 12:00
______ 2 decembro (mércores) 9:30                   ______ 14 decembro (luns) 9:30
______ 2 decembro (mércores) 12:00                 ______ 14 decembro (luns) 12:00
______ 4 decembro (venres) 9:30
______ 4 decembro (venres) 12:00


Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

Ningún comentario:

Publicar un comentario