A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización
Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego
dirixida á poboación escolar.
- O soño de Esther
Baixo a idea de que
os contos están para vivilos, Miguel Ángel Alonso Diz, achéganos esta e outras
historias coas que poderemos aprender dun xeito divertido as vogais, puntos
cardinais, os números e o amor pola nosa lingua.
A actividade leva
asociado un taller de “pintar con luz ou lightpainting”, coa que, facendo uso
da imaxinación e a creatividade, o alumnado poderá trazar no aire vogais,
letras e mesmo facer debuxos.
Duración: 1 hora e 30 minutos
Dirixido a: alumnado de primaria (1.º e 2.º)
Lugar de realización da actividade: no propio centro
de ensino
Necesidades técnicas da actividade: dispor dun espazo
que poida quedar a escuras para poder realizar a actividade
Para calquera dúbida sobre o desenvolvemento da actividade
poden consultar con Miguel Ángel Alonso Diz 678 78 77 11
Para
solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega,
o día 16 de outubro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org
As
solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de
chegada o día 16 de outubro a partir das 9:30 e até as 14:00
Na reunión de equipos de dinamización e normalización lingüística
que tivo lugar o pasado martes 29 de setembro de 2015, acordouse o seguinte
verbo da adxudicación das actividades programadas polo SNL.
"Os centros que asisten ás xuntanzas de coordinación e
solicitan as actividades conforme co horario establecido na solicitude,
terán PREFERENCIA sobre o resto dos centros á hora de se adxudicaren as
actividades".
Amais: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos
centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o pasado curso
escolar.
Solicitude de
participación na actividade:
O soño de Esther para
primaria (1.º e 2.º)
Cubrirase unha ficha por
cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a
solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 16 de outubro
a partir das 9:30 e até as 14:00
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non
estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro:
_________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto:
______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a
titor/a do grupo que desenvolve a actividade-
Teléfono de contacto: __________________
Número máximo de
participantes nun grupo: 25
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 20) para a
participación na actividade.
Non marquen os días nos
que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder
recibila, non se facilitará outra data.
_____ 23 outubro (venres), ás 9:30 _____ 3 novembro (martes),
ás 9:30
_____ 23 outubro (venres), ás 12:30 _____ 3 novembro (martes), ás
12:30
_____ 26 outubro (luns), ás 9:30 _____ 4 novembro
(mércores), ás 9:30
_____ 26 outubro (luns), ás 12:30 _____ 4 novembro
(mércores), ás 12:30
_____ 27 outubro (martes), ás 9:30 _____ 5 novembro (xoves),
ás 9:30
_____ 27 outubro (martes), ás 12:30 _____ 5 novembro (xoves), ás
12:30
_____ 28 outubro (mércores), ás
9:30 _____ 6 novembro
(venres), ás 9:30
_____ 28 outubro (mércores), ás
12:30 _____ 6 novembro
(venres), ás 12:30
_____ 29 outubro (xoves), ás 9:30 _____ 9 novembro (lunes),
ás 9:30
_____ 29 outubro (xoves), ás 12:30 _____ 9 novembro (lunes),
ás 12:30
Importante: a Concellería
de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro
o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
Ningún comentario:
Publicar un comentario