Prezados/as
amigos/as,
A
Coodinadora Galega de ENDL convídavos a participar na videoconferencia
que, con motivo da celebración do VI Día da Ciencia en Galego,
organiza a CGENDL para o vindeiro mércores 4 de novembro. Esta actividade vai dirixida ao 2º ciclo da ESO e a Bacharelato,
mais xa estamos traballando para pechar unha
videoconferencia para o 3º ciclo de Primaria e o 1º ciclo da ESO,
da que daremos cumprida información no seu momento, tamén en http://www.coordinadoraendl.org/cienciaengalego/2015/videoconferencias.php.
Descrición
da actividade
- Título: A máquina que constrúe a mente e a realidade.
- Relator: Xurxo Mariño Alfonso. Biólogo e Doutor
en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1998)
e profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña. É
especialista en neurofisioloxía e forma parte do grupo de investigación
Neurocom, entre outros.
- Sinopse: Todo o que somos cada un de nós, o que
percibimos, o noso "eu", as emocións cotiás, todo iso é unha
construción elaborada por unha máquina que levamos dentro do cranio: o
encéfalo. Aí dentro temos miles de millóns de células, as neuronas, que
utilizan a electricidade para comunicarse entre elas e, dese xeito, crear
a mente e a realidade. Como funciona esa máquina da mente? A onde vai o "eu"
cando durmimos? Poden construírse máquinas artificiais que teñan mente?
- Destinatarios: alumnado do 2º ciclo da ESO e
Bacharelato. Intervención do poñente no encontro TEDxGalicia 2012: https://www.youtube.com/watch?v=RJCFKnq3Giw
- Data e hora: mércores 4 de novembro entre as 12:30h e
as 13:30h.
Necesidades
técnicas dos centros:
- Ordenador con conexión a internet (recomendado con
cabo, non con wifi) e altofalantes, canón proxector e pantalla e software:
versión actualizada do plugin de Adobe Flash Player.
- Desconexión das aulas Abalar durante o transcurso da
videoconferencia e as probas previas no propio centro.
Proceso
de inscrición
1.- Por motivos organizativos, os centros interesados (ata un máximo de 100) deben enviar un correo a correo@coordinadoraendl.org indicando os seguintes datos:
1.- Por motivos organizativos, os centros interesados (ata un máximo de 100) deben enviar un correo a correo@coordinadoraendl.org indicando os seguintes datos:
- nome do centro,
- departamentos/docentes implicados,
- niveis educativos en que se vai desenvolver a
actividade,
- número de alumnos/as implicados/as,
- profesor/a de contacto (tamén correo), e
- observacións (dúbidas, suxestións...)
2.-
Posteriormente recibirán un correo no que se lles informará do enderezo URL da
Sala Virtual e se lles dará as instrucións pertinentes.
Samaín
2015
Partillamos
con todos vós os materiais con actividades de comprensión lectora e de plástica
elaborados polo CEIP Galán e o CEIP Milladoiro para o Samaín 2015: http://coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=recursos/rec282.php.
Saúdos
normalizadores
Consello Directivo en funcións
CGENDL
Consello Directivo en funcións
CGENDL
Ningún comentario:
Publicar un comentario