A páxina web da CGENDL acolle unha vez máis un monográfico especial sobre o Entroido con materiais para traballar nos centros escolares e nas casas: http://coordinadoraendl.org/entroido/index.php. Neste sitio web reunimos recursos didácticos de diferente fasquía como actividades, vocabularios, manualidades, audiovisual, publicacións, etc. Concibido como un espazo colaborativo, o monográfico está aberto ás vosas achegas; por iso, pedímosvos que nos remitades novos materiais elaborados nos vosos e noutros centros, que serán identificados ou redireccionados convenientemente.
Neste mesmo sentido, lembrámosvos que a CGENDL mantén unha páxina de recursos de acceso libre para todo o profesorado: http://coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=rec_rec.php. Esta plataforma colaborativa só ten sentido se serve de punto de encontro para compartirmos materiais, experiencias e propostas de actividades que consideredes que poden ser de utilidade para traballar tanto nas diferentes áreas do currículo como nas diferentes actividades que levan a cabo os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística. Podedes facelo a través dun formulario (http://coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=rec_subir.php) ou a través do noso correo: correo@coordinadoraendl.org.
Desta volta, queremos pedir expresamente materiais de:
- orientación educativa,
- alumnado con Necesidades Educativas Especiais,
- acollida lingüística e sociocultural para alumnado
inmigrante,
- comprensión e expresión lectora e escrita.
- Axudas ao fomento do galego nos centros non
universitarios. Curso 2015-2016. Convoca: SXPL (Xunta de Galicia): http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151230/AnuncioG0164-101215-0001_gl.pdf
- Convocatoria para a realización de proxectos de
innovación en dinamización lingüística en centros docentes de titularidade
da Consellería para o curso académico 2015/2016: http://www.edu.xunta.es/portal/node/17925
Consello Directivo en funcións
CGENDL
Ningún comentario:
Publicar un comentario