mércores, 18 de marzo de 2015

NÚMERO 20 DE OLLOS DE AULA

Prezados/as amigos/as,
 
Remitímosvos o número 20 de  Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado. Por mor das vacacións, esta entrega correspóndese co bimestre marzo-abril. Ademais de anexala neste correo, podedes descargala en:
No presente número a psicopedagoga Lines Salgado achéganos á mediación escolar; Pilar Sampedro, docente e membro da Asesoría de bibliotecas escolares da Consellería de Educación, analiza o papel que debe xogar a familia na iniciación á lectura; mentres que a pregunta desta entrega se centra en "Como detectar un trastorno da conduta alimentaria?". Coma sempre, Gracia Santórum preséntanos interesantes propostas literarias, musicais e de ocio. A contracapa convídanos a reflexionar sobre a estigmatización do modelo da fala dos galegofalantes que, ás veces, cometemos os propios docentes co noso "bolígrafo vermello".

Dende a CGENDL convidámosvos a que este novo número sexa do interese da comunidade escolar e pedímosvos axuda na súa difusión así como colaboración na proposta de temas, colaboracións, etc.

Saúdos normalizadores

CGENDL

  

Ningún comentario:

Publicar un comentario