mércores, 18 de marzo de 2015

CORRELINGUA VIGO

Prezados/amigo/as:
O pasado xoves 12 de marzo mantivemos unha reunión de coordinación do Correlingua
2015 en Vigo onde se trataron as seguintes cuestións:
Data do Correlingua: venres 8 de maio.
Horarios: A marcha sairá ás 11:00 da Praza do Rei para chegar a Castrelos ás 12:00.
Os autobuses deberán achegarse sobre as 10:30.
O alumnado de Infantil irá directamente a Castrelos onde terá lugar o espectáculo (de
11 a 12) do músico e actor Paco Nogueiras.
Para maior aproveitamento da actividade é recomendábel visitar a súa páxina en internet
para que na actuación o alumnado coñeza a súa obra e interactúe con el. Aquí tedes o
enlace:
http://www.kalandraka.com/blog/2014/04/29/brinca-vai-novo-libro-cd-dvd-no-mes-dasletras-
galegas/
Unha das cancións que recomendamos ver é “O meu mundo é!”
Marcha do Correlingua: Haberá un concurso de animación da marcha que premiará ao
grupo que máis anime durante o percorrido.Esta animación poderá utilizar calquera
medio: cantigas, coplas, disfraces, pancartas...o obxectivo é facer unha marcha vistosa e
divertida coa implicación activa do alumnado.
Actuacións: A condución da actividade estará a cargo de Xurxo Souto. O grupo que
actuará en Castrelos será o gañador do certame musical Cantalingua, que se coñecerá
proximamente.

PHOTOCALL
Como falamos, este ano e como novidade, o Correlingua organiza un photocall para
levar aos centros de ensino durante o mes de abril.
Trátase de tirar retratos do alumnado (e profesorado, por que non?) diante dun fondo
igual para todos os Correlinguas, suxeitando "bocadillos" co lema do Correlingua deste
ano ou o que se nos ocorra alusivo ao fomento do galego. Temos unha moi boa
referenza na exitosa campaña "Gústame o galego" que levou adiante a CTNL
(botádelle un ollo enhttp://gustame.gl/).
No anexo vai o permiso que terían que asinar as nais e pais para aceptar que se suban
fotos das súas fillas e fillos.
A organización do Correlingua enviaría aos centros que quixesen participar o deseño do
photocall (o fondo da foto, para entendernos) por correo. Cada centro deberá deseñar e
elaborar os seus "bocadillos", para facer o fotocol hai tres posibilidades de partida:
1- Proxectar o deseño do fotocol sobre unha parede branca
2- Imprimilo en papel e pegalo nunha parede
3- Calcalo en papel corrido para poñelo nunha parede
Xunto co deseño do fotocol enviaríase tamén o permiso a cubrir polos pais para
podermos subir fotos da rapazada ás redes.
O profesorado encargaríase logo de coordinar a actividade e de enviar as fotos a
correlingua@correlingua.org para írmolas publicando nas redes sociais etc.

ACTUACIÓNS CENTROS DE ENSINO
Na reunión tamén falamos da posibilidade de que algún grupo de alumnos/as actúen
no remate do acto de Castrelos.; se hai algún centro interesado debe porse en contacto
coa organización.
Haberá froita para os participantes.
Agardamos da vosa participación para facermos entre tod@s un Correlingua dinámico e
participativo.
Ánimo e a inscribirse !!!!!!
Vémonos o oito de maio.
Vigo, 17 de marzo de2015

Ningún comentario:

Publicar un comentario