mércores, 14 de maio de 2014

PERCUSSOES

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Percussões
É un obradoiro onde se descobren os puntos en común entre dúas culturas irmás: a brasileira e a galega. Música, fauna, tradicións, comidas típicas e outras curiosidades… fan que se esperte de maneira lúdica e interactiva o interese polas diversidades e a un tempo semellanzas de dous países que comparten a mesma lingua. Tamén imos facer algunha actividade musical en grupo para gozarmos da esencia dos ritmos afrobrasileiros.
O obxectivo é mostrar como os alumnos e alumnas por medio do galego poden aproximarse, relacionarse e entender perfectamente ese inmenso país que xa é a quinta economía do planeta e un referente político e cultural a nivel mundial.
Isto vai transformar a lingua galega nunha vantaxe e provocará un reforzo para o seu estatuto e o dos seus falantes dentro da aula e co profesorado. O relator usará un formato de lingua portuguesa próximo, en termos lexicais, ás falas galegas que os alumnos coñecen pasiva ou activamente. A metodoloxía do obradoiro será práctica, procurando unha alta implicación das rapazas e rapaces.
Quen os imparte?
Xurxo Troncoso ten estudos de percusión brasileira así como tamén de instrumentos populares. Traballou como percusionista no Brasil e como profesor de teatro e música en Madrid durante 7 anos. Ten un extenso labor de pesquisa en sistemas pedagóxicos alternativos e experiencias de aplicación destes en centros educativos, conservatorios, etc. Foi profesor de diferentes obradoiros de Percusión Brasileira e de música folque para nenos e nenas. Profesor e fundador do ”Laboratorio Infantil“ dedicado a aulas de fomación artística e musical que desenvolven espectáculos na cidade de Pontevedra. Performances na rúa, presentacións do “Salón do livro” e máis de 6 espectáculos propios.
Como músico ten colaborado con Carlinhos Brown, Uxia Senlle, en grupos de percusión de rúa en Madrid, Holanda, Alemaña, Francia e Galiza.

Duración: 50 minutos
Dirixido a: alumnado de infantil (5 anos)
Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino (espazo amplo e con boa acústica)
Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 26 de maio ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org

As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 26 de maio a partir das 09:30 e até as 14:00
Importante: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o pasado curso escolar.



Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.org / facebook: vigo en galego
Solicitude de participación na actividade:
Percussões para infantil (5 anos)

Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 26 de maio a partir das 09:30 e até as 14:00

Importante:         non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-

Teléfono de contacto: __________________

Número de participantes do seu centro: ________________________

Número máximo de participantes nun grupo: 40


Indicar a preferencia (de 1 a 10) para a participación na actividade.


Non marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.

_____ 2 xuño (luns), ás 09:30                             _____ 5 xuño (xoves), ás 09:30
_____ 2 xuño (luns), ás 12:30                             _____ 5 xuño (xoves), ás 12:30
_____ 3 xuño (martes), ás 09:30                         _____ 6 xuño (venres), ás 09:30
_____ 3 xuño (martes), ás 12:30                         _____ 6 xuño (venres), ás 12:30
_____ 4 xuño (mércores), ás 09:30
_____ 4 xuño (mércores), ás 12:30


Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

Ningún comentario:

Publicar un comentario