A Concellería de NL, a través do Servizo de
Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade
dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Os
contos/cantos do bardo Abelardo.
Contos para cantar e encantar
O bardo
Abelardo recolle contos e cantos da nosa rica tradición, reinterpretados para
que nenas e neos se divirtan como o facían os nosos avós e ter así un mellor
coñecemento dela, comezando pola nosa lingua. Un repertorio baseado en contos,
rimas, adiviñas e cancións participativas.
Duración: 1 hora
Dirixido a:
alumnado de infantil (de 0 a 3 anos)
Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino
Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude
que se achega, o día 27 de maio ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org
As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por
estrita orde de chegada o día 27 de maio a partir das 9:30 h e até as 14:00 h
Importante: os obradoiros concederánselles, en
primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o
pasado curso escolar.
Solicitude
de participación na actividade:
Os contos/cantos do bardo Abelardo
para infantil de 0 a 3 anos
Cubrirase unha
ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese
remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 27
de maio a partir das 9:30 h e até as 14:00 h
Importante: non
se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é
obrigatorio cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro:
_________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto:
______________________________________
Teléfono: ____________________________
Número máximo de
participantes nun grupo: 80 (poderíase aumentar o número de participantes se o centro de ensino ten
a infraestrutura apropiada, consultar isto con Servando Barreiro 671 88 30 26)
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 10) para
a participación na actividade:
______ 2 xuño (luns),
10:00 h ______
9 xuño (luns), 10:00 h
______ 3 xuño
(martes), 10:00 h ______
10 xuño (martes), 10:00 h
______ 4 xuño
(mércores), 10:00 h ______
11 xuño (mércores), 10:00 h
______ 5 xuño
(xoves), 10:00 h ______
12 xuño (xoves), 10:00 h
______ 6 xuño
(venres), 10:00 h ______
13 xuño (venres), 10:00 h
Importante: a Concellería
de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro
o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
Ningún comentario:
Publicar un comentario