Un curso máis, a CGENDL pon á disposición da comunidade escolar unha páxina
monográfica que compila recursos e materiais sobre o autor homenaxeado no Día
das Letras Galegas, nesta ocasión o poeta e tradutor Xosé María Díaz
Castro: http://coordinadoraendl.org/letras2014.
Nela, partíllanse recursos didácticos como actividades para imprimir e en
liña, información en diferentes soportes, exposicións, xogos, experiencias en
centros, etc. que foron elaborados por docentes, ENDL e outros grupos de
traballo dos centros escolares, institucións, asociacións, etc. Dende a CGENDL
pretendemos novamente facilitar o voso labor nas aulas; por iso, agardamos polos
vosos traballos, propostas e experiencias para partillar co resto do
profesorado e as familias: correo@coordinadoraendl.org.
Por último, queremos lembrarvos que xa está en marcha o Premio Leixaprén, de
recoñecemento á defensa e promoción do idioma, ata o 30 de maio coas
candidaturas de Fernando Vázquez, María Xosé Silvar “Sés”, María Mera e Esther
García del Barrio. Poden participar todos os Equipos de Normalización adscritos
á Coordinadora a través do sitio web: http://www.coordinadoraendl.org/premioleixapren2014/index.php.
Dende a CGENDL animámosvos a participar nesta rede colaborativa que
construímos entre todos/as co voso traballo e o voso compromiso coa lingua e a
formación do noso alumnado.
Saúdos normalizadores
CGENDL
Ningún comentario:
Publicar un comentario