Prezados/as compañeiros/as, 
Con motivo da
celebración do IV
Día da Ciencia en Galego o vindeiro martes 12 de novembro, a
Coordinadora Galega de ENDL convida a todos os centros educativos non
universitarios a participar en dúas videoconferencias vía web, na que
destacados investigadores galegos da Universidade de Santiago de Compostela achegarán
temáticas de interese curricular para o noso alumnado e os proxectos
científicos que desenvolven na actualidade. Ademais de seguir a
videoconferencia, os centros escolares que desexen participar terán a
posibilidade de interaccionar con eles vía chat a través dunha sala virtual de
fácil manexo. 
Videoconferencia
para Primaria
- Relator: Marilar
     Aleixandre. Doutora en Bioloxía. Catedrática de Ciencias Naturais de
     Ensino Medio. Catedrática de Didáctica das Ciencias na USC. Autora dunha
     extensa e premiada obra narrativa e poética. Páxina web: http://www.marilar.org/
- Título: Benqueridos
     insectos.
- Sinopse:
     Benquerida abelliña, sen ti as maceiras non darían froito; benqueridos
     escaravellos, que volvedes á terra os restos do que foron seres vivos; e a
     cascarrubia que coida das roseiras, e a colonia das cen mil formigas
     falando cunha soa voz. Ás veces comémosvos, pois tamén comemos o que
     amamos.
- Destinatarios/as:
     alumnado de 3º ciclo (5º e 6º) de Primaria.
- Data e
     hora: martes 12 de novembro entre as 10:30 e as 11:30. 
- Relator: Jorge Mira Pérez
     (Doutor en Física e Catedrático da Área de Electromagnetismo do
     Departamento de Física Aplicada da USC. Director do Programa ConCiencia.
- Título: Como
     medir tamaños e distancias da Terra, a Lúa e o Sol.
- Sinopse:
     Poucas
     etapas da historia amosaron un talento tan brillante como a da Grecia
     clásica. Contaremos como fixeron eses gregos para sabe-lo tamaño do mundo
     que habitamos e calcula-la distancia á lúa e o sol e os seus tamaños,
     usando tan só o bo hábito de observar con coidado o que nos rodea.
- Destinatarios/as:
     alumnado
     de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato.
- Data e
     hora: martes 12 de novembro entre as 12:30 e as 13:30.
Necesidades técnicas dos centros:
- ordenador con conexión a
     internet (recomendado con cabo, non con wifi) e altofalantes,
- canón proxector e pantalla,
     e
- software: Flash media
     player.
- Nome do centro,
- Departamentos/docentes implicados,
- Niveis educativos en que se vai desenvolver a
     actividade,
- Nº de alumnos/as implicados/as,
- Profesor/a de contacto (tamén correo), e
- Observacións (dúbidas, suxestións, etc.).
Dende a CGENDL animámosvos a participar no Día da Ciencia en Galego (http://coordinadoraendl.org/cienciaengalego/2013/videoconferencias.php) e a partillar recursos e materiais en galego relacionados coa temática de ambas charlas a través desta páxina.
Saúdos normalizadores
Consello Directivo
CGENDL
 
 
